Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

JLS/DAP/2007-2. Apoio ás actividades de ONG ou outras organizacións na loita contra a violencia exercida sobre nenos, mozos e mulleres

Programa

DAPHNE III

Obxectivo xeral

Contribuír a protexer aos nenos, os mozos e as mulleres de todas as formas de violencia e alcanzar un elevado nivel de protección da saúde, benestar e cohesión social.
Desenvolver accións desta índole enmarcadas nas diferentes políticas comunitarias e máis especificamente das relacionadas coa saúde pública, os dereitos humanos e a igualdade de xénero, así como de accións encamiñadas á protección dos dereitos da infancia e á loita contra trato de persoas e maila explotación sexual.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Colaborar na prevención e loita contra calquera forma de violencia de dominio público ou privado contra nenos, mozos e mulleres, incluíndo a explotación sexual mailo tráfico de seres humanos
  • Implementar medidas preventivas de apoio e protección para as vítimas e grupos de risco.

Eidos de actuación

  • Asistir e promover ONGs e outras organizacións activas neste campo de traballo.
  • Desenvolver e implementar accións específicas de sensibilización.
  • Difundir os resultados obtidos.
  • Identificar e impulsar accións respectuosas con quen sofren malos tratos, ayudandoles a alcanzar un benestar e realización propia.
  • Establecer e apoiar redes multidisciplinares.
  • Asegurar a difusión de experiencias e boas prácticas.
  • Deseñar e probar actuacións de sensibilización e materiais educativos respecto de medidas preventivas contra a violencia.
  • Estudos relacionados coa violencia e o seu impacto social e desenvolvemento e implementación de programas de axuda ás vítimas e sociedade de risco.

Destinatarios

  • Organizacións non Gobernamentais.
  • Institucións públicas ou privadas (administración locais, departamentos universitarios e centros de investigación) que se ocupen de actividades vencelladas coa prevención e loita contra a violencia exercida sobre nenos, novos e mulleres.

Deberán pertencer a un dos 27 Estados membros, países candidatos acollidos a unha estratexia de preadhesión, Estados da AELC, países pertencente a EFTA/EEA (Islandia, Liechtensein e Noruega) mailos países dos Balcáns Occidentais.

Para que as actividades teñan unha dimensión europea deberán involucrar nas súas actuacións a lo menos 12 Estados membros.

Financiamento

A cofinanciación máxima asignada pola Comisión é dun 80% do total de custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

1,9 millóns de euros.
A subvención máxima concedida é de 250.000 euros

Duración do proxecto

Proxectos dun ano de duración

Data límite de solicitude

25/03/2008

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG de Justicia Libertad y Seguridad (Unidad C4)
Despacho LX 46 07/122
Av. du Bourget, 1
B-1040 – Bruselas
Tel.: 32-2-296 69 33
Fax: 32-2-299 67 11
JLS-DAPHNE@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante