Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa específico para previr e combatir a violencia exercida sobre os nenos, os xoves e as mulleres e protexer ás víctimas e grupos de risco

Programa

DAPHNE III

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais do programa contribuirán, en particular no que respecta aos nenos, os xoves e as mulleres, ao desenvolvemento das políticas comunitarias, e máis específicamente das relacionadas coa saúde pública, os dereitos humanos e a igualdade de xénero, así como de accións encamiñadas á protección dos dereitos da infancia e á loita contra a trata de persoas e a explotación sexual.

Obxectivo específico da convocatoria

Os principais grupos destinatarios da convocatoria serán, entre outros, as familias, os homes, os profesores e o persoal docente, os traballadores sociais, as forzas de seguridade e gardas fronteirizos, autoridades locais, militares e nacionais, persoal médico e paramédico, persoal xudicial, as ONG, os sindicatos e comunidades relixiosas. A convocatoria deberá beneficiar aos nenos, xoves e mulleres en risco de convertirse en víctimas da violencia.

As propostas desta convocatoria centraranse nas prioridades anuaies establecidas na convocatoria.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea, Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).

Destinatarios

Aberto para entidades públicas de todo tipo, empresas e universidades localizadas dentro da área de actuación.

Financiamento

A subvención non excederá do 80% dos custos totais elixibles. En canto ao importe da subvención, este será razonable e proporcionado en relación coas actividades propostas, sen que haia unha cantidade máxima establecida. Porén, existe unha cantidade mínima subvencionable, cifrada en 75.000 €.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria sitúase en 11, 40 M €.

Duración do proxecto

A duración inicial dos proxectos non excederá os 24 meses.

Data de publicación

30/07/2013

Data límite de solicitude

30/10/2013

Documentación

Contacto

Cuestións relacionadas co rexistro e solicitude electrónica en PRIAMOS:
HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu
Cuestións relacionadas coa convocatoria:
JUST-DAPHNE@ec.europa.eu

Procuras de Socios

O incrible Teddy contra o acoso escolar

Procura de proxectos no eido da convocatoria JUST/2013/DAP/AG do programa DAPHNE III.

Comentarios

As cuestións relativas á convocatoria deberán indicar claramente a referencia da convocatoria. As cuestións, que recibirán resposta á maior brevidade posible, deberán enviarse cun prazo mínimo de 7 días de antelación respecto á data límite de solicitude.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante