Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

MEDIA - Apoio á realización de proxectos piloto - EACEA/08/13

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Esta convocatoria de propostas enmárcase no eido de aplicación do Programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
A principal medida deste programa é apoiar a creación e explotación de catálogos de obras europeas que se distribuirán dixitalmente alén das fronteiras a unha audiencia máis ampla e/ou aos exhibidores cinematográficos a través de servizos de distribución avanzados, integrando se procede sistemas de seguridade dixitais para protexer o contido en liña.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións subvencionables nesta convocatoria son as seguintes:
- Distribución: novas formas de crear e distribuír contidos audiovisuais europeos a través de servizos non liñais;
- Entorno aberto para a produción de contidos audiovisuais;
- Distribución - promoción e marketing: utilización de técnicas web para desenvolver comunidades cinematográficas locais;
- ”Audiovisual Junction Portal” (Portal audiovisual de enlace): ampliar e mellorar o acceso e a explotación de información estruturada sobre contido audiovisual europeo a través de diversas bases de datos.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países.

Destinatarios

Aberto para empresas legalmente constituídas nalgunha das zonas de actuación.

Financiamento

Non hai una cantidade máxima de proxectos subvencionables e a porcentaxe total de financiamento establecido sitúase no 50 %.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 1,5 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración será de 12, 24 ou 36 meses.

Data de publicación

22/05/2013

Data límite de solicitude

15/07/2013

Documentación

Contacto

Punto de información nacional (Media Desk España)
Web: www.mediadeskspain.eu
Mail: info@mediadeskspain.eu
Tel.: +34 91 512 01 78

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante