Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas MEDIA - Apoio á distribución de vídeo á carta e cine dixital - EACEA/09/13

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoiar a creación e explotación de catálogos de obras europeas que se distribuirán dixitalmente alén das fronteiras a unha audiencia máis ampla e/ou aos exhibidores cinematográficos a través de servizos de distribución avanzados, integrando se procede sistemas de seguridade dixitais para protexer o contido en liña.

Obxectivo específico da convocatoria

Vídeo á carta: servizo que permite ao usuario seleccionar obras audiovisuais almacenadas nun servidor central remoto que as transmite mediante fluxo continuo e/ou descarga.
Distribución dixital de obras cinematográficas: Subministro dixital (ata un nivel comercial aceptable) de «contido básico», é dicir, películas, películas ou series para televisión (ficción, animación e documentais) a salas de cine para a súa explotación comercial (a través de disco duro, satélite, en liña …).

Eidos de actuación

Apoio á distribución de vídeo á carta e cine dixital.

Destinatarios

Empresas cuxa sede social estea radicada nun dos 27 Estados membros da UE, nun dos países do EEE, Suíza, Croacia e Bosnia e Hercegovina (a condición de que este país finalice o proceso de negociación e formalice a súa participación no programa MEDIA).

Financiamento

A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención e non superará o 50 % dos custes totais financiables, cun máximo de 1.000.000€ por acción.

Orzamento total da convocatoria

6.000.000€

Duración do proxecto

A duración da acción será de 3 anos como mínimo. As novas accións deberán comezar entre o 1 de xullo de 2013 e o 1 de marzo de 2014.

Data de publicación

26/03/2013

Data límite de solicitude

24/06/2013

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
Mr Clément Carasco (office BOUR 03/17)
MEDIA Unit (P8)
Avenue du Bourget 1
B - 1140 Brussels
Belgium
clement.carasco@ec.europa.eu
Ou nun dos puntos nacionais: http://ec.europa.eu/culture/media/contacts_en.htm

Comentarios

As solicitudes deberán mandarse por correo certificado ou por mensaxería (a cargo do solicitante) ao seguinte enderezo:
Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
MEDIA 2007 — Video on Demand and Digital Cinema Distribution — EACEA/09/13
Ms Sari Vartiainen
BOUR 03/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante