Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/07/13 MEDIA 2007 — Desenvolvemento, distribución, promoción e formación. Apoio á distribución trasnacional das películas europeas. «Sistema de apoio aos axentes de vendas» 2013

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Favorecer e promover unha distribución transnacional máis ampla das películas europeas recentes, mediante a atribución de fondos aos distribuidores de acordo ao seu rendemento no mercado, para o reinvestimento en novos filmes europeos non nacionais.
Fomentar o desenvolvemento de vínculos entre os sectores da produción e a distribución, mellorando así a cota de mercado das películas europeas e a competitividade das empresas europeas

Obxectivo específico da convocatoria

O sistema de apoio «axente de vendas» articúlase en dúas fases:
1- Creación dun Fondo potencial, que se calculará en función dos resultados da empresa no mercado europeo no período de referencia (2008-2012),
2- Reinvestimento: o Fondo así xerado por cada empresa deberá reinvestirse antes do 2 de marzo de 2015 en dous módulos (ou tipos de acción): mínimos garantidos ou anticipos pagados para adquirir os dereitos para a venda internacional de novos filmes europeos non nacionais; e/ou para a promoción, mercadotecnia e publicidade de novas películas europeas non nacionais.
Só admitiranse as películas cuxos dereitos de autoría fosen rexistrados por primeira vez despois do ano 2008.

Eidos de actuación

Unión Europea, Espazo Económico Europeo, Suíza, Croacia e Bosnia e Hercegovina.

Destinatarios

Empresas legalmente constituídas e con sede nos Estados do eido de actuación.

Financiamento

O apoio financeiro no poderá exceder o 50 % dos custes totais subvencionables. Non hai unha cantidade máxima.

Orzamento total da convocatoria

1,5 M€.

Duración do proxecto

Duración máxima de 18 meses a contar dende a sinatura do contrato de venda internacional.

Data de publicación

23/02/2013

Data límite de solicitude

18/06/2013

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Sociedade da Información e Medios de Comunicación. Comisión Europea.
Anne.Dumont-Vandeputte@ec.europa.eu

Comentarios

Envío unicamente por correo postal a:
Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Ms Sari Vartiainen
MEDIA Programme
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante