Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción/ Aceso ao mercado – EACEA/40/12

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficos no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, sempre e cando, estes eventos poden desempeñar un papel importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais.
Asi mesmo pretende impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levas a cabo polo mercado europeo internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos descritos desenvolveranse a través das seguintes accións:
- mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas, garantindo ao sector audiovisual europeo un aceso aos mercados profesionais europeos e internacionais
- Favorecer accións comúns entre organismos nacionais de promoción de películas e programas audiovisuais
- Favorecer a creación dunha asociación económica entre países e profesionais dentro e fora do programa MEDIA, e mellorar o coñecemento e a compresión mutuos

Eidos de actuación

As entidades ou organización que participen deberán dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: A Unión Europea (UE), o Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Aberto para as entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos : Empresas

Financiamento

A axuda financeira non poderá exceder ao 50% dos custos totais da acción. A Axencia reservarase a posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria das propostas é de 3,00 M€

Data de publicación

26/10/2012

Data límite de solicitude

14/12/2012

Documentación

Contacto

Ms Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Passatge de la Banca 1-3, 1a planta
E-08002 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

Ms. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Paseo Colón 16, entreplanta
E-20002 San Sebastián-Donostia
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante