Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Desenvolvemento, distribución, promoción e formación i2i Audiovisual – EACEA/34/12

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten por obxecto o desenvolvemento dos proxectos de produción. Particularmente o apoio ten por obxecto facilitar o acceso das empresas de produción europea as axudas concedidas polas institucións de crédito e as institucións financeiras mediante o cofinanciamento dunha parte do custos das partidas seguintes:
- Seguros para producións audiovisuais: Módulo 1 – intervención na partida “Seguro” dun orzamento da produción.
- Garantía dun bo fin para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 2 – Intervención na partida “Garantía dun bo fin” dun orzamento de produción.
- Crédito financeiro para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 3 – Intervención na partida “Gastos financeiros” dun orzamento de produción

Obxectivo específico da convocatoria

A obra audiovisual proposta:
- Deberá ser unha obra de ficción, animación ou un documental creativo e deberá estar producida maioritariamente por empresas establecidas en un dos países que participan no Programa MEDIA,
- Na súa produción, deberá participar un número significativo de profesionais nacionais dos Estados que participan no Programa MEDIA ou residentes nos mesmos

Eidos de actuación

As entidades ou organización que participen deberán dispoñer da súa sede social no seguinte ámbito xeográfico: A Unión Europea (UE), o Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Aberto para as entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos : Empresas

Financiamento

A contribución financeira non poderá superar o 50%- 60% dos custos subvencionables. O importe da axuda oscila entre 5 000 e 50 000 EUR. O importe máximo da axuda será de 50 000 EUR por proxecto

Orzamento total da convocatoria

A previsión orzamentaria dispoñible para a convocatoria das propostas é de 1,50 M€

Data de publicación

25/10/2012

Data límite de solicitude

07/01/2013

Documentación

Contacto

Ms Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Passatge de la Banca 1-3, 1a planta
E-08002 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

Ms. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Paseo Colón 16, entreplanta
E-20002 San Sebastián-Donostia
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante