Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas – Apoio á difusión televisiva de obras audiovisuais europeas- EACEA/33/12

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Promover a difusión transnacional das obras audiovisuais europeas producidas por empresas de produción independentes, alentando a cooperación entre os difusores por unha parte, e aos produtores e distribuidores independentes, por outra parte

Obxectivo específico da convocatoria

A obra audiovisual proposta deberá ser unha produción televisiva europea independente (ficción, animación ou documental creativo) na que participen polo menos tres empresas de radiodifusión de varios estados membros da Unión Europea ou de países que participen no programa MEDIA 2007

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social nos seguintes ámbitos xeográficos: Unión Europea, Espazo Económico Europeo, países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Aberto a entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Empresas

Financiamento

A contribución financeira concederase en forma de subvención. O importe máximo da subvención concedida será de 500.000 euros por obra para os proxectos de ficción e animación, e de 300.000 euros por obra para os proxectos documentais. A subvención concedida non poderá en ningún caso exceder do 12, 5% dos custos admisibles que presente o produtor para unha película de ficción ou de animación, nin do 20% dos custos admisibles para o orzamento e produción no caso dos documentais

Orzamento total da convocatoria

A previsión do finanzamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 10,80 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 30 ou de 42 (no caso das series) meses

Data de publicación

05/10/2012

Data límite de solicitude

10/12/2012

Documentación

Contacto

Ms Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Passatge de la Banca 1-3, 1a planta
E-08002 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

Ms. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Paseo Colón 16, entreplanta
E-20002 San Sebastián-Donostia
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante