Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas- apoio o desenvolvemento de proxectos de produción- Proxectos individuais, paquetes de proxectos e paquetes de proxectos 2ª fase- EACEA/31/12

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Promover, mediante a adxudicación de axuda financeira, o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional e presentados por produtoras europeas independentes dentro dos seguintes xéneros: ficción, documental de creación e animación

Obxectivo específico da convocatoria

Subvencionaranse as actividades orientadas ao desenvolvemento das seguintes obras audiovisuais (proxectos únicos ou series):
1. Proxectos de ficción con fines de explotación comercial e de duración inferior a 50 minutos
2. Documentais de creación con fines de explotación comercial e de duración no inferior a 25 minutos (duración por episodio en caso de series)
3. Proxectos de animación con fines de explotación comercial e de duración non inferior a 24 minutos

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social nos seguintes ámbitos xeográficos: Unión Europea, Espazo Económico Europeo, países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Aberto a entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos: Empresas

Financiamento

A máxima contribución financeira que poderá adxudicarse a un proxecto concreto situarase entre 10.000 e 60.000 euros, salvo no caso de largometraxes de animación que poderán recibir unha subvención máxima de 80.000 euros. A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50% do total dos custos subvencionables (60 % para os proxectos individuais que demostren seu interese pola promoción da diversidade cultural europea).
A máxima contribución financeira que poderá adxudicarse a paquetes de proxectos e paquetes de proxectos de 2ª fase situarase entre os 70.000 e os 190.000 euros. A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50% total dos gastos subvencionables presentados pola produtora
A Axencia reservarase a posibilidade de absterse na asignación da totalidade dos fondos dispoñibles

Orzamento total da convocatoria

A previsión do orzamento comunitario dispoñible para a convocatoria das propostas é de 18,25 millóns de euros

Data de publicación

05/10/2012

Data límite de solicitude

23/11/2012

Documentación

Contacto

Ms Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Passatge de la Banca 1-3, 1a planta
E-08002 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

Ms. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Paseo Colón 16, entreplanta
E-20002 San Sebastián-Donostia
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante