Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Axuda á Distribución Transnacional de Filmes europeos— Plan Selective 2013 - EACEA/21/12

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Estimular e apoiar a distribución internacional de películas europeas non nacionais recentes, animando aos distribuidores a investir na promoción e na distribución de películas europeas non nacionais, fomentar o desenvolvemento dos vínculos entre produción e distribución mellorando a posición competitiva das obras audiovisuais europeas non nacionais

Obxectivo específico da convocatoria

Distribución cinematográfica comercial dunha obra audiovisual non nacional. A obra audiovisual deberá ter sido producida na súa maior parte por un ou varios produtores establecidos en países que participen no programa MEDIA e contar coa participación significativa de profesionais destes países. Deberá ser unha obra recente de ficción, animación ou documental, dun metraxe superior aos 60 minutos e procedente dun país distinto aos da distribución. As obras audiovisuais cun orzamento de produción superiores aos 15 millóns de euros non serán admisibles nesta convocatoria

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede no seguinte ámbito xeográfico: Unión Europea, Espazo Económico Europeo, países candidatos e terceiros países

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas e localizadas nalgunha das zoas de actuación de calquera dos seguintes tipos

Financiamento

A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención e non superará o 50% dos custos máximos financiables. O importe máximo do premio será de 150.000 euros por obra audiovisual e polo seu pais
A Axencia reservarase a posibilidade de non asignar a totalidade dos fondos dispoñibles

Orzamento total da convocatoria

A previsión da financiación comunitaria dispoñible para a convocatoria das propostas é de 12,25 millóns de euros.

Duración do proxecto

As propostas poden presentarse ata o 30/11/2012, 01/04/2013 e 01/06/2013

Data de publicación

01/09/2012

Data límite de solicitude

30/11/2012

Documentación

Contacto

Ms Helena Moreno Núñez
MEDIA Antenne Barcelona
Passatge de la Banca 1-3, 1a planta
E-08002 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

Ms. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Paseo Colón 16, entreplanta
E-20002 San Sebastián-Donostia
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante