Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/14/12 - Apoio á dixitalización das salas de cine Europeas

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral


A presente convocatoria ten por obxecto facilitar a transición dixital das salas de cine que proxectan películas europeas, financiando os custos indirectos vinculados á adquisición dun proxector dixital.
O obxectivo do programa de «dixitalización das salas de cine» consiste en fomentar que as salas que proxecten unha porcentaxe significativa de obras europeas non nacionais aproveiten as posibilidades que ofrece a distribución en formato dixital.

Eidos de actuación


Financiamento dos custos indirectos vinculados á adquisición de proxectores dixitais que cumpran os requisitos de seguridade de contidos da Iniciativa de Cine Dixital (DCI, polas súas siglas en inglés) e que se instalen nunha sala de cine con arranxo a todos os criterios de subvencionabilidad.
Pódese solicitar a subvención dun só proxector por pantalla e dun máximo de tres pantallas por sala de cine. O proxector deberá adquirirse entre a data de presentación da candidatura e o 31 de decembro de 2013.

Financiamento

O importe máximo por un proxecto non pode superar os 20.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 2 millóns de euros.

Duración do proxecto

Pódese solicitar a subvención dun só proxector por pantalla e dun máximo de tres pantallas por sala de cine.
O proxector deberá adquirirse entre a data de presentación da candidatura e o 31 de decembro de 2013.

Data de publicación

26/05/2012

Data límite de solicitude

31/07/2012

Documentación

Contacto

Para obter máis infomación sobre a convocatoria, envien un correo ao:

eac-mediaec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante