Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria


Media 2007 — desenvolvemento, distribución, promoción e formación

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoio ao circuíto de salas cinematográficas que proxectan películas europeas — «Rede de salas cinematográficas»

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos concretos son os seguintes:
— mellorar a circulación das películas europeas non nacionais nos mercados europeos e internacionais con medidas que fomenten a súa exportación, a súa distribución en todos os soportes e a súa programación en salas de cine;
— fomentar a proxección de películas europeas non nacionais no mercado europeo, en particular mediante o apoio á coordinación dun circuíto de salas cinematográficas.

Eidos de actuación

— accións dirixidas á promoción e á proxección de películas europeas;
— actividades educativas orientadas a sensibilizar aos mozos espectadores cinematográficos;
— actividades orientadas a incentivar e acompañar o proceso de introdución do cine dixital entre os exhibidores;
— actividades en rede: información, animación e comunicación.

Destinatarios

Esta convocatoria diríxese ás salas agrupadas no circuíto de salas cinematográficas europeas cuxas actividades contribúen á realización dos obxectivos anteriormente mencionados.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo dispoñible para esta convocatoria de propostas é de 10.800.000 euros para o primeiro ano.

Data de publicación

09/05/2012

Data límite de solicitude

16/07/2012

Documentación

Contacto

Mr. Jesùs Hernàndez
Ciudad de la Imagen
c/ Luis Buñuel, 2-2°A
E - 28223 Pozuelo de Alarcon MADRID
Tel.: 34 91 512 01 78
Fax: 34 91 512 02 29
MEDIA Desk España
www.mediadeskspain.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante