Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción preparatoria «Circulación das películas na era dixital» — Convocatoria de propostas do 2012 (2012/C93/10)

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Con esta acción preténdese experimentar estratexias innovadoras en materia de difusión de películas europeas (cines, DVD, vídeo á carta, festivais, cadeas de televisión, etc.).

Obxectivo específico da convocatoria

Trátase concretamente de definir as condiciones que poidan incrementar a complementariedade entre os soportes de difusión para mellorar a circulación trans- nacional e a audiencia global das películas europeas dentro da Unión Europea.

Eidos de actuación

A acción preparatoria apoiará proxectos que propoñan experimentar estreas simultáneas ou case simultáneas no conxunto de soportes de difusión e en diversos territorios europeos.

Destinatarios

Empresas ou organizacións vinculadas cos mercados audiovisuais (produtores, axentes de ventas, distribuidores, titulares de dereitos, compañías de mercadotecnia, salas de cine, plataformas de vídeo á carta, etc.).

Socios

Deben incluír polo menos dous axentes de ventas.

Financiamento

A taxa máxima de co- financiamento é do 70%.

Orzamento total da convocatoria

O importe máximo previsto para esta convocatoria é de 1.994.000 euros.


Data de publicación

30/03/2012

Data límite de solicitude

06/09/2012

Documentación

Contacto

Sra. Aviva SILVER
Comisión Europea
Dirección General de Educación y Cultura
Dirección D — Cultura y Medios de Comunicación
Unidad D3 — Programa MEDIA y Alfabetización Mediática
Despacho: MADO 18/68
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante