Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/5/12 - Desenvolvemento, Distribución, Promoción e Formación

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Esta convocatoria de propostas enmárcase no obxectivo de realizar actividades en aplicación do programa MEDIA como é a mellora da formación profesional permanente dos profesionais do sector audiovisual, co fin de que adquiran os coñecementos e a cualificación necesarios para crear produtos competitivos no mercado europeo e noutros mercados.

Eidos de actuación

Accións dirixidas a desenvolver a capacidade dos profesionais do sector audiovisual para comprender e integrar unha dimensión europea no seu traballo mediante a mellora dos coñecementos especializados nos seguintes ámbitos:
- formación en materia de xestión económica, financeira e comercial,
- formación en materia de novas tecnoloxías do sector audiovisual,
- formación en materia de desenvolvemento de guións.

Destinatarios

O presente anuncio diríxese aos candidatos pertencentes a unha das categorías de entidades que figuran a continuación cuxas actividades contribúan ás medidas antes mencionadas:
- Escolas de cine e televisión,
- Universidades,
- Centros de formación profesional especializados,
- Empresas privadas do sector audiovisual,
- Organizacións/asociacións profesionais especializadas no sector audiovisual.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá ser superior ao 50 % ou 60 % do total dos custos admisibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo dispoñible en virtude da presente convocatoria de propostas ascende a 7 000 000 EUR

Duración do proxecto

A duración dos proxectos é de 12 meses como máximo.

Data de publicación

09/02/2012

Data límite de solicitude

16/04/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada ao Programa MEDIA 2007 ou á presente convocatoria envíen un correo a:
eac-info@ec.europa.eu

Comentarios

As directrices detalladas para os candidatos do mesmo xeito que os formularios de candidatura, atópanse na
seguinte dirección:
http://ec.europa.eu/culture/media/programme/training/forms/index_en.htm
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente no formulario previsto a tal fin e conter a totalidade dos anexos e das informacións esixidas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante