Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/24/11: Desenvolvemento, distribución, promoción e formación i2i Audiovisual.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoio ao sector audiovisual europeo.

Obxectivo específico da convocatoria

O apoio ten por obxecto facilitar o acceso das empresas de produción europeas ao financiamento concedido polas instituciones de crédito e as institucións financeiras, mediante o cofinanciamento dunha parte do custo das partidas seguintes:
a) seguros para producións audiovisuais: Módulo 1: Intervención na partida «Seguro» dun orzamento de produción,
b) garantía de bo fin para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 2: Intervención na partida «Garantía de bo fin» dun orzamento de produción,
c) crédito financeiro para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 3: Intervención na partida «Gastos financeiros» dun orzamento de produción.

Eidos de actuación

A obra audiovisual proposta:
- debe ser unha obra de ficción, animación ou un documental creativo e debe estar producida maioritariamente por empresas emprazadas nun dos países que participan no Programa MEDIA,
- na súa produción, debe participar un número significativo de profesionais nacionais dos Estados que participan no Programa MEDIA ou residentes nos mesmos.

Destinatarios

Empresas europeas cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos mencionados, en particular as empresas de produción audiovisual independientes.
Os candidatos deben estar emprazados nalgún dos 27 países da Unión Europea, nos países do EEE, Suíza ou Croacia.

Financiamento

A contribución financeira non poderá superar o 50 %-60 % dos custos subvencionables. O importe da axuda oscila entre 5.000 e 50.000 EUR.
O importe máximo da axuda será de 50.000 EUR por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

3 millóns de EUR.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos é de 30 meses.
Esta convocatoria de propostas aplicarase unicamente aos proxectos que comecen entre o 1 xullo de 2011 e o 6 xuño de 2012.

Data de publicación

04/11/2011

Data límite de solicitude

06/06/2012

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Call for Proposals EACEA/24/11
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

As datas límite para a presentación das candidaturas son:
a) O 6 de Xaneiro de 2012: para os proxectos que se inicien, como moi pronto, o 1 de xullo de 2011.
b) O 6 de xuño de 2012: para os proxectos que se inicien, como moi pronto, o 1 de Decembro de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante