Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/36/11: Promoción/Acceso ao mercado

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficas europeas no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, sempre e cando estes eventos poidan ter un rol importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais; e impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levadas a cabo no mercado europeo e internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas ten por obxectivo apoiar accións e actividades que teñan lugar dentro e fóra dos Estados membros do Programa MEDIA.
Os obxectivos consisten en apoiar accións para:
a) mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas, garantindo ao sector audiovisual europeo un acceso aos mercados profesionais europeos e internacionais,
b) favorecer accións comúns entre organismos nacionais de promoción de filmes e programas audiovisuais, e
c) favorecer a creación dunha asociación económica entre países e profesionais dentro e fóra do programa MEDIA, e mellorar o coñecemento e a comprensión mutuos.

Destinatarios

Organismos europeos emprazados nun dos Estados membros da Unión Europea ou nun dos países do Espacio Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suíza e Croacia.

Financiamento

A axuda financeira non pode exceder o 50 % dos custos totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

2.500.000 EUR (a reserva da adopción do orzamento do ano 2012).

Duración do proxecto

A duración dos proxectos será de 12 meses como máximo, debendo comezar as actividades antes do 1 de xuño de 2012 e finalizar antes do 31 de decembro de 2013.

Data de publicación

26/10/2011

Data límite de solicitude

01/06/2012

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural (EACEA)
Unit Programme MEDIA — P8
Call for proposals EACEA/36/11 — Promotion/Access to markets
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

As datas límite para enviar as candidaturas son:
a) O 9 de decembro de 2011 para as actividades que comecen entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2012.
b) O 1 de xuño de 2012 para as actividades anuais que terán lugar en 2013, e as actividades que comecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante