Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/23/11: Apoio á difusión televisiva de obras audiovisuais europeas

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Promover a difusión transnacional das obras audiovisuais europeas producidas por empresas de produción independentes, alentando a cooperación entre os difusores, dunha parte, e os produtores e distribuidores independentes, por outra parte.

Eidos de actuación

A obra audiovisual proposta debe ser unha produción televisiva europea independente (ficción, animación ou documental creativo) no que participen polo menos tres empresas de radiodifusión de varios Estados membros da Unión Europea ou de países que participen no programa MEDIA 2007.
A solicitude deberá ser presentada, como moi tarde, o primeiro día do inicio da rodaxe.

Destinatarios

Sociedades europeas cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos da convocatoria, en particular as sociedades europeas de produción audiovisual independentes, emprazadas nalgún dos 27 países da Unión Europea, dos países do EEE, así como en Suíza e Croacia.

Financiamento

A contribución financeira concederase en forma de subvención. O importe máximo da subvención concedida será de 500.000 EUR por obra para os proxectos de ficcións e animacións e de 300.000 EUR
por obra para os proxectos de documentais. A subvención concedida non poderá, en ningún caso, exceder do 12,5 % dos custos admisibles que presente o produtor para un filme de ficción ou de animación, nin do 20 % dos custos admisibles do orzamento de produción no caso de documentais.

Orzamento total da convocatoria

10,8 millóns de EUR

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 30 ou de 42 (no caso de series) meses.

Data de publicación

30/09/2011

Data límite de solicitude

11/06/2012

Documentación

Contacto

Axencia Executiva no eido Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) — MEDIA
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/30
Avenue du Bourget/Bougetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

As solicitudes deberán enviarse á Axencia Executiva a máis tardar o 16 de decembro de 2011 ou o 11 de xuño de 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante