Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/30/11: Axuda á Distribución Transnacional de Filmes Europeos. Plan «Selective» 2012.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoiar a distribución transnacional de obras audiovisuais europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do plan «Selective» é estimular e apoiar a distribución internacional de filmes europeos non nacionais recentes, animando en particular aos distribuidores a invertir na promoción e distribución axeitadas de obras audiovisuais europeas non nacionais.
O plan pretende tamén fomentar o desenvolvemento dos vínculos entre producción distribución, mellorando a posición competitiva das obras audiovisuales europeas non nacionalis.

Eidos de actuación

A distribución cinematográfica comercial dunha obra audiovisual que non teña unha única nacionalidade. A obra audiovisual debe ser producida na súa mayor parte por un ou varios produtores emprazados en países que participen no programa MEDIA e contar coa participación significativa de profesionais destes países. A obra audiovisual deberá ser unha obra recente de ficción, animación ou documental, dun metraxe superior a 60 minutos e procedente dun país distinto ao de distribución.
As obras audiovisuais cun presuposto de producción superior aos 15 millóns de EUR non son admisibles nesta convocatoria.
Para que a película sexa subvencionable, os sus primeros dereitos de autor non deberán ser anteriores a 2008.
Concederase apoio á distribución, entre outros materiais, de impresos e publicidade relativos a obras audiovisuais europeas non nacionais cun orzamento máximo de producción de 15 millóns de EUR a agrupacións de alomenos 5 distribuidores no caso de obras audiovisuais cuxo orzamento sexa inferior a 3 millóns de EUR e de alomenos sete distribuidoras no caso de obras audiovisuais cuxo orzamento se sitúe entre os 3 e os 15 millóns de EUR.

Destinatarios

Empresas europeas cuxas actividades contribúan aos obxectivos da convocatoria, que teñan a súa sede nun dos 27 Estados membros da Unión Europea, nos países do EEE, ou en Suiza e Croacia.

Financiamento

A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención e non superará o 50 % dos custes totais financiables, sendo o importe máximo do premio de 150.000 EUR por obra audiovisual e por país.

Orzamento total da convocatoria

12.250.000 EUR

Duración do proxecto

Os periodos subvencionables variarán en función da data da primeira proxección e de presentación da proposta, sendo os seguintes:
a) Desde o 1 de xuño de 2011 ata o 1 de abril de 2014
b) Desde o 30 de setembro de 2011 ata o 30 de xullo de 2014
c) Desde o 29 de decembro de 2011 ata o 29 de outubre de 2014.

Data de publicación

29/09/2011

Data límite de solicitude

29/06/2012

Documentación

Contacto

MEDIA 2007 — Distribution EACEA/30/11 — Selective cinema
Axencia Executiva no eido Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA)
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

Existen tres prazos para a presentación de propostas no marco desta convocatoria, dependendo das datas da primeira proxección, e variando o periodo subvencionable.
Primeiro prazo: 1/12/2011
Segundo prazo: 30/03/2012
Terceiro prazo: 29/06/2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante