Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/22/11. Apoio ao desenvolvemento de obras interativas sobre plataformas en liña ou fora de liña

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Promover, mediante a adxudicación de axuda financeira, o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional e presentados por produtoras europeas independentes.

Eidos de actuación

Subvencionaranse as actividades relacionadas cos seguintes tipos de traballos interativos:
Desenvolvemento do concepto (ata a primera aplicación executable) do contido dixital interativo complementario dun proxecto audiovisual (ficción, documental de creación ou animación) desenvolto específicamente para, alomenos, unha das plataformas seguintes: Internet, PC, consola, dispositivo portátil, televisión interativa.
Este contido dixital debe ter as seguintes características:
1. Un nivel considerable de interatividade cun compoñente narrativo.
2. Orixinalidade, creatividade e innovación en comparación cos traballos xa existentes.
3. Potencial comercial a escala europea.
O traballo interativo presentado poderá complementar únicamente os seguintes tipos de proxecto audiovisual destinados á explotación comercial:
a) Ficción de alomenos 50 minutos (duración total da serie no caso dunha serie).
b) Documentais de creación de alomenos 25 minutos (duración por episodio no caso dunha serie).
c) Animación de alomenos 24 minutos (duración total da serie no caso dunha serie).
Non se subvencionarán os seguintes tipos de actividades:
As subvenciones noncubrirán as actividades de desenvolvemento e produción de traballos englobados nas seguintes categorías:
a) obras de referencia (enciclopedias, atlas, catálogos, bases de datos …)
b) obras de autoaprendizaxe («how-to») (programas educativos, manuais …)
c) ferramentas e servizos de software
d) servizos de información ou puramente de transacción,
e) programas de información e revistas,
f) proxectos de promoción turística,
g) proxectos de arte multimedia,
h) páxinas «web» que sexan, ou que estén específicamente adicadas a plataformas sociais, redes sociais, foros en internet, «blogs» ou actividades similares,
i) proxectos que fomenten, directa ou indirectamente, mensaxes contrarios ás políticas da Unión Europea. Por exemplo, proxectos que poidan ser contrarios aos intereses da saúde pública (alcohol, tabaco, drogas), o respeto dos dereitos humáns, a seguridade das persoas, a liberdade de expresión, etc,
j) proxectos que fomenten a violencia e/ou o racismo e/ou que inclúan contidos pornográficos,
K) obras de índole promocional (en particular de contido rexistrado),
l) produccións institucionais que promovan a unha organización concreta ou as súas actividades.

Destinatarios

Sociedades europeas cuxas actividades contribúan á realización dos citados obxectivos, en particular a produtoras independentes, emprazadas nun dos países seguintes:
1. Os 27 países da Unión Europea
2. Os países do EEE, así como Suiza e Croacia.

Financiamento

A máxima contribución financeira que poderá adxudicarse a un proxecto concreto situarase entre 10.000 e 150.000 EUR.
A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50 % do total dos custes subvencionables presentados polo produtor (o 60 % para os proxectos individuais que demostren un interese na promoción da diversidade cultural europea).

Orzamento total da convocatoria

2,5 millóns de EUR

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto prolongarase ata o 30 de xuño de 2014, no caso das solicitudes de apoio presentadas dentro do primeiro prazo, e ata o 30 de novembro de 2014 no caso das candidaturas presentadas dentro do segundo prazo, ou ben ata a data de entrada en proceso de produción do proxecto, independentemente de cal sexa o primeiro.

Data de publicación

23/09/2011

Data límite de solicitude

13/04/2012

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural (EACEA) — MEDIA
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

La convocatoria de propuestas 22/11 cuenta con dos plazos límite. Para ser incluida en el primer plazo, la solicitud de apoyo debe ser enviada a la Agencia entre la fecha de publicación de la convocatoria de propuestas y el 25 de noviembre de 2011. Para ser incluida dentro del segundo plazo, la solicitud de apoyo debe ser enviada a la Agencia entre el 26 de noviembre de 2011 y el 13 de abril de 2012, fecha de cierre de la convocatoria de propuestas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante