Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/21/11: Apoio ao desenvolvemento de proxectos de produción. Ficción, documentais de creación e animación. Proxectos individuais, paquetes de proxectos (Slate Funding) e paquetes de proxectos 2nd stage.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Promover, mediante a adxudicación de axuda financeira, o desenvolovemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional e presentados por produtoras europeas independentes dentro dos seguintes xéneros: ficción, documental de creación e animación.

Eidos de actuación

Subvencionaranse as actividades orientadas ao desenvolvemento das seguintes obras audiovisuais (proxectos únicos ou series):
1. Proxectos de ficción con fins de explotación comercial e de duración non inferior a 50 minutos.
2. Documentais de creación con fins de explotación comercial e de duración non inferior a 25 minutos (duración por episodio en caso de series).
3. Proxectos de animación con fins de explotación comercial e de duración non inferior a 24 minutos.

Non se subvencionarán as actividades de desenvolvemento e produción relativas a obras que se inscriban nas seguintes categorías:
1. Grabaciones en directo, concursos televisivos, programas de entrevistas («talk shows»), «reality shows» ou programas educativos, didácticos ou de autoensino («aprenda usted mismo»).
2. Documentais que fomenten o turismo, documentais sobre a realización de películas («making-of»),informes, reportaxes sobre fauna, programas de información e documentais sobre a vida cotiá («docu-soaps»).
3. Proxectos que fomenten, directa ou indirectamente, mensaxes contrarios ás políticas da Unión Europea. Por exemplo, proxectos que poidan ser contrarios aos intereses da saúde pública (alcohol,
tabaco, drogas), o respeto dos dereitos humáns, a seguridade das persoas, a liberdade de expresión, etc.
4. Proxectos que fomenten a violencia e/ou o racismo e/ou que inclúan contidos pornográficos.
5. Obras de índole promocional.
6. Producións institucionais que promovan unha organización concreta ou as súas actividades.

Destinatarios

Sociedades europeas cuxas actividades contribúan á realización dos citados obxectivos, en particular produtoras independentes, emprazadas nun dos seguintes países:
a) os 27 países da Unión Europea,
b) os países do EEE, así como Suiza e Croacia.

Financiamento

A contribución financeira concederase en forma de subvención.
A contribución financeira máxima que poderá adxudicarse a un proxecto concreto situarase entre 10.000 e 60.000 EUR, salvo no caso de largometraxes de animación destinados ao seu estreo en salas, que poderán recibir unha subvención máxima de 80.000 EUR. A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50 % do total dos custes subvencionables ( 60 % para os proxectos individuais que demostren un interese pola promoción da diversidade cultural europea).
A máxima contribución financeira que poderá adxudicarse a paquetes de proxectos e paquetes de proxectos 2nd stage situarase entre 70.000 e 190.000 EUR. A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50 % do total dos gastos subvencionables presentados pola produtora.

Orzamento total da convocatoria

17 millóns de EUR.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto prolongarase ata o 30 de xuño de 2014, no caso das solicitudes de apoio presentadas dentro do primeiro prazo, e ata o 30 de novembro de 2014 no caso das candidaturas presentadas dentro do segundo prazo, ou ben ata a data de entrada en proceso de produción do proxecto, independentemente de cal sexa o primeiro.

Data de publicación

23/09/2011

Data límite de solicitude

13/04/2012

Documentación

Contacto

Axencia Executiva no Eido Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) — MEDIA
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

A convocatoria conta con dous prazos límite.
Para ser incluida no primeiro prazo, a solicitude de apoio debe ser enviada á Axencia entre a data de publicación da convocatoria de
propostas e o 25 de novembre de 2011.
Para ser incluida dentro do segundo prazo, a solicitude de apoio debe ser enviada á Axencia entre o 26 de novembro de 2011 e o 13 de abril de 2012, data de peche da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante