Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/29/11.- MEDIA 2007: Festivales Audiovisuais.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

1. Facilitar e fomentar a promoción e a circulación das obras audiovisuais e cinematográficas europeas en actos comerciales, en mercados profesionais e en festivais audiovisuais dentro e fora de Europa, dado que ditos actos poden ter un rol importante para a promoción das obras europeas e a interconexión dos profesionais.
2. Mellorar o acceso do público europeo e internacional ás obras audiovisuais europeas.

Eidos de actuación

Posta en marcha de festivais audiovisuais cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos mencionados anteriormente e en cuxa programación total se exhiba, como mínimo, un 70 % de obras europeas procedentes de alomenos dez dos países que participan no programa MEDIA.

Destinatarios

Organismos europeos emprazados nun dos Estados membros da Unión Europea, nun dos países do Espacio Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suiza e Croacia.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá ser superior ao 50 % do total dos custes admisibles. O importe máximo da subvención será de 75.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

1.600.000 EUR (a reserva da adopción do orzamento do ano 2012).

Duración do proxecto

As actividades deberán iniciarse obrigatoriamente entre o 1 de maio de 2012 e o 30 de abril de 2013.

Data de publicación

17/09/2011

Data límite de solicitude

30/04/2012

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Unit MEDIA Programme — P8
Call for proposals EACEA/29/11 — Festivals
Mr. Constantin DASKALAKIS
BOUR 04/61
Avenue du Bourget, 1
1140 Bruxelles
BELGIQUE

Comentarios

As datas límite para a presentación de propostas varían en función da data de inicio do proxecto que se propoña realizar:
a) O 31 de outubro de 2011 para os proxectos iniciados entre o 1 de maio de 2012 e o 31 de outubro de 2012.
b) O 30 de abril de 2012 para os proxectos iniciados entre o 1 de novembro de 2012 e o 30 de abril de 2013.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante