Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/19/11.- Apoio á dixitalización das salas de cine europeas.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Os obxectivos principais do programa son os seguintes:
a) preservar e reforzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
b) aumentar a circulación e a audiencia das obras audiovisuais europeas dentro e fora da Unión Europea, inclusive mediante unha maior cooperación entre os axentes;
c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Fomentar que as salas que proxecten unha porcentaxe significativa de obras europeas non nacionais aproveiten as posibilidades que ofrece a distribución en formato dixital, facilitando a transición dixital das salas de cine que proxectan películas europeas, financiando os custes indirectos vinculados á adquisición dun proxector dixital.

Eidos de actuación

Financiamento dos custes indirectos vinculados á adquisición de proxectores dixitais que cumpran os requisitos de seguridade de contidos da Iniciativa de Cine Dixital (DCI) e que se instalen nunha sala de cine con arreglo a tódolos criterios de subvencionabilidade.
Pódese solicitar a subvención dun so proxector por pantalla e dun máximo de tres pantallas por sala de cine.

Destinatarios

Operadores cinematográficos independentes europeos cuxa actividade principal sexa a proxección de películas e cumpran as condicións establecidas na convocatoria.
Os candidatos deberán estar establecidos nun dos 27 países da Unión Europea, ou nos países do EEE, Suiza e Croacia.

Financiamento

A contribución financeira é unha subvención e corresponderá a unha suma a tanto alzado dun máximo de 20.000 EUR por pantalla.
A subvención comprenderá todos os gastos relacionados coa transición diXital das salas de cine europeas, con exclusión dos custes do proxector dixital e o servidor.

Orzamento total da convocatoria

2.000.000 EUR

Duración do proxecto

O proxector deberá adquirirse entre a data de presentación da candidatura e o 30 de xuño de 2013.

Data de publicación

01/07/2011

Data límite de solicitude

15/09/2011

Documentación

Contacto

Education, Culture and Audiovisual Executive Agency (EACEA)
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante