Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/14/11.- Promoción/Acceso ao mercado

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Este programa ten tres finalidades:
•a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
•b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;
•c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria ten entre os seus obxectivos facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficas europeas no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, sempre e cando, estos eventos poidan desempeñar un papel importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais, e impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levadas a cabo no mercado europeo e internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados.

Eidos de actuación

1. Accións para mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas, garantizando ao sector audiovisual europeo un acceso aos mercados profesionais europeos e internacionais.
2. Accións que favorezan accións comúns entre organismos nacionais de promoción de películas e programas audiovisuais.
3. Accións para favorecer a creación dunha asociación económica entre países e profesionais dentro e fora do programa MEDIA, e mellorar o coñecemento e a comprensión mutuas.

Destinatarios

Organismos europeos emprazados nun dos Estados membros da Unión Europea ou nun dos países do Espazo Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suiza e Croacia.

Financiamento

Máximo do 50% dos custes totais da acción

Orzamento total da convocatoria

2.560.000 EUR

Duración do proxecto

A duración dos proxectos é de 12 meses como máximo.
As actividades non deberán comezar antes do 1 de enero de 2012 e concluir, a máis tardar, o 31 de decembro de 2012.

Data de publicación

21/04/2011

Data límite de solicitude

10/06/2011

Documentación

Contacto

Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural (EACEA)
Unit Programme MEDIA — P8
Call for proposals EACEA/14/11 — Promotion/Access to markets
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante