Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/01/11: Apoio á distribución trasnacional dos filmes europeos. Sistema de apoio ”automático” 2011

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

O programa MEDIA 2007 ten tres finalidades:
•a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
•b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;
•c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Favorecer e promover unha distribución transnacional máis ampla de filmes europeos recentes, mediante a atribución de fondos a distribuidores segundo o seu rendemento no mercado, para a reinversión en novos filmes europeos non nacionais, e fomentar o desenvolvemento de vínculos entre os sectores de producción e distribución mellorando así a cuota de mercado das películas europeas e a competitividade das empresas europeas.

Eidos de actuación

- Creación dun fondo potencial, proporcional ao número de entradas vendidas para filmes europeos non nacionais nos Estados que participan no programa durante o ano de referencia (2010), ata un límite máximo fixo por filme, que se axustará para cada país.
- Reinversión: o fondo así xerado por cada empresa deberá reinvertirse a máis tardar o 1 de outubro de 2012 en 3 tipos de acción:
1) a coproducción de filmes europeos non nacionais;
2) a adquisición de dereitos de distribución, por exemplo mediante mínimos garantizados, de películas europeas non nacionais, e/ou
3) gastos de edición (realización de copias, doblaxe e subtitulado), de promoción e de publicidade de filmes europeos non nacionais.
Para que o filme sexa subvencionable os dereitos de autor non poderán ser anteriores a 2007

Destinatarios

Empresas europeas especializadas na distribución cinematográfica de obras europeas, e cuxas actividades contribúan a acadar os obxectivos do programa MEDIA, que teñan a súa sede nun dos 27 Estados membros da Unión Europea,nun dos países membros do EEE, en Suiza ou en Croacia.

Financiamento

A contribución económica da Comisión outorgarase en forma de subvención e non poderá superar o 40 %, 50 % ou 60 % dos custes totais admisibles.

Orzamento total da convocatoria

18.314.675 EUR

Duración do proxecto

Accións tipo 1 e 2: A duración máxima das accións será de 30 meses. As accións deberán comezar o 1 de agosto de 2011 e concluir o 1 de febreiro de 2014.
Acción tipo 3: A duración máxima das accións será de 42 meses. As accións deberán comezar o 1 de febreiro de 2011 e concluir o 1 de agosto de 2014.

Data de publicación

19/04/2011

Data límite de solicitude

01/10/2012

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

As propostas para «xerar» un fondo potencial deberán enviarse o 17 de xuño de 2011 a máis tardar.
As propostas de «reinversión» do financiamento potencial deberán ser enviadas dentro do prazo especificado para cada módulo, en calquer caso o 1 de outubro de 2012 a máis tardar.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante