Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/06/11: Apoio á distribución de video á carta e cine dixital

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

O programa MEDIA 2007 ten tres finalidades:
•a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
•b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;
•c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar a creación e explotación de catálogos de obras europeas
que se distribuirán dixitalmente máis alá das fronteiras a unha audiencia máis ampla e/ou aos exhibidores cinematográficos a través de servizos de distribución avanzados, integrando se procede sistemas de seguridade dixitais para protexer o contido en liña.

Eidos de actuación

1) Vídeo á carta: servizo que permite ao usuario seleccionar obras audiovisuais almacenadas nun servidor central remoto que as transmite mediante fluxo continuo e/ou descarga.
2) Distribución dixital de obras cinematográficas: Suministro dixital (ata un nivel comercial aceptable) de «contido básico», é dicir, filmes, filmes ou series para televisión (ficción, animación e documentais) a salas de cine para a súa explotación comercial (a través de disco duro, satélite, en liña …).

Destinatarios

Empresas cuxas actividades contribúan á consecución dos obxectivos do programa que teñan a súa sede nun dos 27 Estados membros da Unión Europea, nos países do EEE, en Suiza ou en Croacia.

Financiamento

A contribución máxima por acción é de 1.000.000 EUR.
A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención e non superará o 50 % dos custes totais financiables.

Orzamento total da convocatoria

7.000.000 EUR

Duración do proxecto

A duración da acción será de 3 anos como mínimo.
As novas accións deberán comezar entre o 1 de xullo de 2011 e o 1 de marzo de 2012.

Data de publicación

19/04/2011

Data límite de solicitude

20/06/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
MEDIA 2007 — Video on Demand and Digital Cinema Distribution — EACEA/06/11
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante