Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/03/11.- Apoio á distribución transnacional dos filmes europeos: ”Sistema de apoio aos axentes de ventas” 2011

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

O programa MEDIA 2007 ten tres finalidades:
•a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
•b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;
•c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Favorecer e promover unha distribución transnacional máis ampla das largometraxes europeas recentes, mediante a atribución de fondos aos distribuidores de acordo ao seu rendemento no mercado, para a reinversión en novos filmes europeos non nacionais.
O Sistema ten tamén por obxectivo fomentar o desenvolvemento de vínculos entre os sectores da producción e da distribución, mellorando así a cuota de mercado dos filmes europeos e a competitividade das empresas europeas.

Eidos de actuación

O sistema de apoio «axente de ventas» articúlase en dúas fases:
- Creación dun fondo potencial, que se calculará en función dos resultados da empresa no mercado europeo nun periodo concreto.
- Reinversión: o fondo así xerado por cada empresa deberá reinvertirse antes do 1 de marzo de 2013 en dous módulos (ou tipos de acción):
1) mínimos garantizados ou anticipos pagados para adquirir os dereitos para a venta internacional de novos filmes europeos non nacionais;
2) e/ou para a promoción, márketing e publicidade de novas películas europeas non nacionais.

Destinatarios

Empresas europeas especializadas na distribución cinematográfica de obras europeas, e cuxas actividades contribúen a conseguir os obxectivos do programa MEDIA.
Os candidatos deberán tener a súa sede nun dos 27 Estados membros da Unión Europea, nos países do EEE, en Suiza ou en Croacia.

Financiamento

Máximo do 50 % dos custes totais subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 EUR

Duración do proxecto

A duración máxima das accións será de 16 meses a contar desde a firma do contrato de venta internacional.

Data de publicación

19/04/2011

Data límite de solicitude

17/06/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Mr Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante