Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/05/11.- Apoio á realización de proxectos piloto

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

O programa MEDIA 2007 ten tres finalidades:
•a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
•b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;
•c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Apoiar proxectos piloto para adaptarse á evolución do mercado, dando especial importancia á introducción e utilización de tecnoloxías da información e a comunicación.

Eidos de actuación

1) Distribución: novas formas de crear e distribuir contidos audiovisuais europeos a través de servizos non lineais.
2) Entorno aberto para a producción de contidos audiovisuais.
3) Distribución-promoción e marketing: utilización de técnicas web para desenvolver comunidades cinematográficas locais.
4) ”Audiovisual Junction Portal” (Portal audiovisual de enlace): ampliar e mellorar o acceso e a explotación de información estruturada sobre contido audiovisual europeo a través de diversas bases de datos.

Destinatarios

Empresas cuxas actividades contribúan á consecución dos obxectivos da convocatoria, que teñan a súa sede nun dos 27 Estados membros da UE, nos países do EEE, en Suíza ou en Croacia.

Financiamento

A contribución económica será en forma de subvención e cubrirá como máximo o 50% dos custes financiables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible é de 1,5 millóns de EUR.

Duración do proxecto

A duración das accións será de 12, 24 ou 36 meses, debendo comezar o 1 de xaneiro de 2012.

Data de publicación

19/04/2011

Data límite de solicitude

14/06/2011

Documentación

Contacto

Educatión, Audiovisual and Culture Executive Agency
MEDIA 2007-Pilot Projects-EACEA/05/11
Mr. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget, 1
1049 Bruxelles
Belgique

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante