Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/07/11 Formación.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

O programa MEDIA 2007 ten tres finalidades:

a) preservar e destacar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, así como garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;

b) aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes;

c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado interior aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas pretende a mellora da formación profesional permanente dos profesionais do sector audiovisual, co fin de que adquiran os coñecementos e a cualificación necesarios para crear productos competitivos no mercado europeo e noutros mercados.

Eidos de actuación

- Formación en materia de xestión económica, financeira e comercial.
- Formación en materia de novas tecnoloxías do sector audiovisual.
- Formación en materia de desenvolvemento de guións.

Destinatarios

Os candidatos deben estar establecidos nun dos 27 países da UE, en Islandia, Liechtenstein, Noruega ou en Suiza ou Croacia, e deben de poder incluirse nalgunha das seguintes categorías:
- Escolas de cine e televisión
- Universidades
- Centros de formación profesional especializados
- Empresas privadas do sector audiovisual
- Organizaciones ou Asociaciones profesionais especializadas no sector audiovisual.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá ser superior ao 50% ou 60% do total dos custes admisibles.

Orzamento total da convocatoria

2.500.000 EUR

Duración do proxecto

A duración dos proxectos será como máximo de 12 meses.

Data de publicación

06/04/2011

Data límite de solicitude

15/06/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Agency (EACEA)
Call for proposals EACEA/07/11
Mr. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante