Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/02/11 Apoio á posta en rede e á mobilidade dos estudantes e formadores en Europa

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Preservar e realzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles, e favorecer o diálogo intercultural; aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes; reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ó emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Favorecer os intercambios e a cooperación, apoiando a creación dunha rede de actores europeos en materia de formación, en particular os establecementos de ensino superior, os organismos de formación e os socios do sector profesional, así como favorecer a mobilidade dos estudantes e formadores en Europa.

Eidos de actuación

Actividades de formación destinadas a desenvolver a capacidade dos futuros profesionais dos medios audiovisuais para comprender a dimensión europea do seu traballo, mellorando as súas competencias nos seguintes ámbitos:
1. Formación en xestión económica, financeira e comercial.
2. Formación en novas tecnoloxías.
3. Formación para o desenvolvemento de proxectos de guións.

Destinatarios

Consorcios paneuropeos compostos de establecementos de ensino superior e/ou organismos vinculados ó sector audiovisual cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos do programa MEDIA, que estean emprazados nun dos países seguintes e estean formados na súa maioría por nacionais dun dos países seguintes: Os países membros da UE e do Espacio Económico Europe que participen no Programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega) ademais de Suíza e Croacia.

Socios

Os consorcios estarán formados por establecementos de ensino superior e/ou organismos vinculados ó sector audiviosual procedentes de 3 países participantes con un mínimo de tres establecementos de ensino superior.

Financiamento

A subvención máxima non poderá exceder do 50% ou do 75% dos custes totais.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total estimado asignado ó cofinanciamento dos proxectos será de 2.000.000 EUR.

Duración do proxecto

As actividades comezarán como moi cedo o 1 de setembro de 2011 e deberán ter finalizado o 30 de xuño de 2013.

Data de publicación

08/02/2011

Data límite de solicitude

29/04/2011

Documentación

Contacto

Education, Audiovisual and Culture Agency (EACEA)
Calls for Proposals EACEA /02/11- ”MEDIA Support for the networking and mobility of students and trainers in Europe”.
Mr. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget, 1
1140 Brussels
BELGIUM.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante