Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/29/10. Axuda á distribución transnacional de filmes europeos

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Preservar e realzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles, e favorecer o diálogo intercultural; aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes; reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ó emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do plan ”Selective” é estimular e apoiar a distribución internacional de películas europeas non nacionais recentes, animando en particular aos distribuidores a invertir na promoción e distribución axeitadas de películas europeas non nacionais. Pretende fomentar o desenvolvemento dos vínculos entre producción e distribución, mellorando a posición competetitiva das obras audiovisuais europeas non nacionais.

Eidos de actuación

Distribución cinematográfica comercial dunha obra audiovisual que non teña unha única nacionalidade. A obra deberá ter sido producida na súa maior parte por un ou varios productores establecidos en países que participen no programa MEDIA, e contar con profesionais de estos países. Deberá ser unha obra reciente de ficción, animación ou documental, de máis de 60 minutos e procedente dun país distinto do de distribución. O copyright da obra non poderá estar datado máis de catro anos antes do ano de presentación da solicitude. Non se admitiran as obras audiovisuais cun orzamento de produción superior a 15 millóns de EUR.

Destinatarios

Empresas europeas cuxas actividades contribúan aos obxectivos anteriormente expostos. Os candidatos deben ter a súa sede en:
- un dos 27 Estados membros da UE
- os países da EEE
- Suiza e Croacia

Socios

Concederase o apoio á distribución destas obras audiovisuais a agrupacións de polo menos 5 distribuidores no caso de obras cun orzamento inferior a 3 millóns EUR, ou de polo menos 7 distribuidoras no caso de obras audiovisuais cuxo orzamento se sitúe entre os 3 e 15 millóns de EUR.

Financiamento

A contribución económica levarase a cabo en forma de subvención e non superará o 50% dos custes totais financiables. O importe máximo será de 150.000 EUR por obra audiovisual e por país.

Orzamento total da convocatoria

12.250.000 EUR, suxeito á dispoñibilidade de fondos para o exercicio 2011

Data de publicación

25/09/2010

Data límite de solicitude

01/07/2011

Documentación

Contacto

Axencia Executiva no eido Educativo, Audiovisual e Cultural. (EACEA)
Constantin Daskalakis
BOUR 3/66
Avenue du Bourget, 1
1140 Bruxelles
BELGIQUE

Comentarios

Os prazos para envío de solicitudes son: 1 de decembro de 2010, 1 de abril de 2011 e 1 de xullo de 2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante