Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/25/10. Desenvolvemento, distribución, promoción e formación. Apoio ao desenvolvemento de proxectos de produción

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Preservar e realzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles, e favorecer o diálogo intercultural; aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes; reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ó emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover, mediante a adxudicación de axuda financeira, o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ó mercado europeo e internacional, presentados por productoras europeas independentes dentro dos seguintes xéneros: ficción, documental de creación e animación.

Eidos de actuación

Subvencionaranse as actividades orientadas ó desenvolvemento das seguintes obras audiovisuais:
1. Proxectos de ficción con fins de explotación comercial e de duración non inferior a 50 minutos.
2. Documentais de creación con fins de explotación comercial e de duración non inferior a 25 minutos.
3. Proxectos de animación con fins de explotación comercial de duración non inferior a 24 minutos.

Destinatarios

Sociedades Europeas cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos citados, en particular productoras independentes. Os candidatos deberán estar establecidos nun dos países seguintes:
- os 27 países da UE
- os países da EEE, así como Suíza e Croacia

Socios

Poderán presentarse Proxectos individuais ou paquetes de proxectos, e valoraranse aspectos como potencial distribución europea ou internacional, ou a capacidade da empresa para producir a escala europea.

Financiamento

A máxima contribución financeira que se poderá adxudicar a un proxecto concreto situarase entre 10.000 e 60.000 EUR, salvo no caso de largometraxes de animación destinados ó seu estreno en salas, que poderán recibir una subvención máxima de 80.000 EUR. A contribución financeira adxudicada non poderá superar en ningún caso o 50% do total dos custes subvencionables (ou 60% para os proxectos individuais que demostren interés pola promoción da diversidade cultural europea)
A contribución máxima a paquetes de proxectos situarase entre 70.000 e 190.000 EUR, e non poderá superar en ningún caso o 50% do total dos gastos subvencionables presentados pola productora.

Orzamento total da convocatoria

17 millóns de EUR

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto prolongarase ata o 30 de xuño de 2013, no caso das solicitudes de apoio presentadas dentro do primeiro prazo, e ata o 30 de xuño de 2013 no caso de candidaturas presentadas dentro do segundo prazo, ou ben ata a data de entrada no proceso de produción do proxecto, independentemente de cal sexa primeiro.

Data de publicación

29/09/2010

Data límite de solicitude

11/04/2011

Documentación

Contacto

Axencia Executiva no eido educativo, audiovisual e cultural (EACEA)-MEDIA
Constantin Daskalakis
BOUR 3/30
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles
Belgique

Comentarios

A presente convocatoria ten dous prazos límite:
Primeiro prazo: a solicitude debe ser enviada entrea data de publicación da convocatoria e o 29 de novembro de 2010.
Segundo prazo: a solicitude debe ser enviada entre o 30 de novembro de 2010 e o 11 de abril de 2011, data de peche da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante