Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/27/10. Desenvolvemento, distribución, promoción e formación

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Preservar e realzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles, e favorecer o diálogo intercultural; aumentar a circulación e o público das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, mediante unha maior cooperación entre os axentes; reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ó emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual

Obxectivo específico da convocatoria

Facilitar o acceso das empresas de produción europeas ó financiamento concedido polos bancos e institucións financeiras, mediante o cofinanciamento dunha parte do custe das partidas seguintes:
1.Seguros para producións audiovisuais: Módulo 1- Intervención na partida “Seguro” dun orzamento de produción.
2.Garantía de bo fin para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 2-Intervenciñon na partida “Garantía de bo fin” dun orzamento de produción.
3.Financiamento bancario para a produción dunha obra audiovisual: Módulo 3- Intervención na partida “Gastos Financeiros” dun orzamento de produción.

Eidos de actuación

A obra audiovisual proposta debe ser unha obra de ficción, animación ou un documental creativo e debe estar producida maioritariamente por empresas establecidas nun dos países que participan no programa MEDIA. Na súa produción debe participar un número significativo de profesionais nacionais dos Estados que participen no Programa MEDIA ou residentes nos mesmos.

Destinatarios

Empresas europeas cuxas actividades contribúen á realización dos obxectivos mencionados, en particular ás empresas de produción audiovisual independentes.
Os candidatos deben estar establecidos nun dos seguintes países:
-os 27 países da UE
-os países da EEE
-Suíza e Croacia

Socios

A presentación de proxectos que teñan unha dimensión europea, tratándose dunha coprodución na que interveña máis dun país participante no programa MEDIA obterá 3 puntos segundo a táboa de valoración das candidaturas

Financiamento

A contribución financeira non poderá superar o 50%-(60%) dos custes subvencionables. O importe da axuda oscila entre 5.000 e 50.000 EUR. O importe máximo da axuda será de 50.000 EUR por Proxecto.

Orzamento total da convocatoria

3 millóns de EUR.

Duración do proxecto

Proxectos que comecen entre o 1 de xuño de 2010 e o 6 de xuño de 2011. Os proxectos deben ter unha duración máxima de 30 meses

Data de publicación

10/11/2010

Data límite de solicitude

06/06/2011

Documentación

Contacto

Education Audiovisual and Culture Executive Agency
Call for Proposals EACEA/27/10
Mr. Constantin DASKALAKIS
BOUR 3 / 30
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles
BELGIQUE.

Comentarios

A data límite para presentar os proxectos será:
a) 10 de xaneiro de 2011 para os proxectos que se inicien entre o 1 de xuño de 2010 e 1 de xaneiro de 2011.
b) 6 de xuño de 2011, para os proxectos que se inicien entre o 1 de decembro de 2010 e o 6 de xuño de 2011.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante