Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/34/10 - Promoción/Acceso ao mercado

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas ten como obxectivo sustentar a aplicación de programas de apoio ao sector audiovisual europeo no marco do programa Media 2007.

Obxectivo específico da convocatoria

— facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficas europeas no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, sempre e cando, estes eventos poidan desenvolver un papel importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais,

— impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levadas a cabo no mercado europeo e internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados.

Eidos de actuación

Apoiar accións e actividades que teñan lugar dentro e fóra dos Estados membros e que teñan por obxectivo:

— mellorar a circulación das obras audiovisuais europeas garantindo ao sector audiovisual europeo un acceso aos mercados profesionais europeos e internacionais,

— favorecer accións comúns entre organismos nacionais de promoción de películas e programas audiovisuais,

— favorecer a creación dunha asociación económica entre países e profesionais dentro e fóra do programa MEDIA e mellorar o coñecemento e a comprensión mutuos.

Destinatarios

Organismos europeos establecidos nun dos Estados membros da Unión Europea, e nun dos países do Espazo Económico Europeo que participen no programa Media 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como Suíza e Croacia.

Financiamento

A subvención máxima que pode conceder a Comisión Europea non pode exceder do 50% dos custos totais da acción.
A Axencia resérvase o dereito á posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo dispoñible para as subvencións de funcionamento ascenden a 2.500.000 euros (á espera da adopción do presuposto para o ano 2011).

Duración do proxecto

A duración dos proxectos será de 12 meses como máximo.

As actividades non comezarán antes do 1 de xuño de 2011 e concluirán, o máis tardar, o 31 de decembro de 2012.

Data de publicación

12/10/2010

Data límite de solicitude

08/12/2010

Documentación

Contacto

Bruxelas
Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
Unit Programme MEDIA — P8
Call for Proposals — EACEA/34/10 — Promotion/Access to Markets
M. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget 1
1040 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

Existen dous periodos de solicitude:
—8 de decembro de 2010 (para as actividades que comecen a partir do 1 de xuño de 2011 e terminen, o máis tardar, o 31 de decembro de 2011)

—1 xuño de 2011 (para as actividades anuais de 2012 e as actividades que comecen entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de maio de 2012).

As solicitudes enviaranse a Axencia Executiva (EACEA) a dirección especificada máis abaixo.

Non se aceptarán as solicitudes presentadas por Fax ou por correo electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante