Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/31/10 Festivais Audiovisuais

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoio ao sector audiovisual europeo para a promoción de obras audiovisuais e cinematográficas europeas en festivais internacionais, dentro e fóra de Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

— facilitar e fomentar a promoción e a circulación das obras audiovisuais e cinematográficas europeas en actos comerciais, en mercados profesionais e en festivais audiovisuais dentro e fóra de Europa, dado que poden desenvolver un papel importante para a promoción das obras europeas e da súa interconexión cos profesionais,
— mellorar o aceso do público europeo e internacional ás obras audiovisuais europeas.

Eidos de actuación

Este financiamento ten por obxecto pór en marcha festivais audiovisuais cuxas actividades contribúan á realización dos obxectivos mencionados anteriormente e en cuxa programación total se exhiba, como mínimo, un 70 % de obras europeas procedentes de alomenos dez dos países que participan no programa MEDIA.

Destinatarios

Organismos europeos establecidos nun dos Estados membros da Unión Europea, nun dos países do Espazo Económico Europeo que participan no programa MEDIA 2007 (Islandia, Liechtenstein, Noruega), así como tamén Suíza e Croacia.

Financiamento

O importe máximo da subvención concedida será de 75000 euros. A subvención concedida pola Comisión non poderá ser superior ao 50% do total dos custos elixibles. A Axencia resérvase a posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible ascende a 1,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades iniciaranse obrigatoriamente o 1 de maio de 2011 e o 30 de abril de 2012.

Data de publicación

03/09/2010

Data límite de solicitude

02/11/2010

Documentación

Contacto

Bruxelas
Agence exécutive Éducation, audiovisuel et culture (EACEA)
Unité programme MEDIA — P8
Appel à Propositions — EACEA/31/10 — Festivals audiovisuels
M. Constantin DASKALAKIS
BOUR 04/55
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

Comentarios

As candidaturas enviaranse á Axencia Executiva (EACEA) a dirección facilitada máis abaixo, non máis tarde do 2 de novembro de 2010 (para os proxectos iniciados entre o 1 de maio de 2011 e o 31 de outubro de 2011) e do 30 de abril de 2011 (para os proxectos iniciados entre o 1 de novembro de 2011 e o 30 de abril de 2012).

Non se aceptarán as solicitudes presentadas por fax ou correo electrónico.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante