Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/26/10 Apoio ao desenvolvemento de obras interactivas sobre plataformas en liña ou fóra de liña.

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoio ao desenvolvemento de obras interactivas sobre plataformas en liña ou fóra de liña, dentro do Programa Media 2007, na súa liña de acción “Desenvolvemento”

Obxectivo específico da convocatoria

Promover, mediante a adxudicación de axuda financeira, o desenvolvemento de proxectos de produción destinados ao mercado europeo e internacional e presentados por produtoras europeas independentes.

Eidos de actuación

Este financiamento ten por obxecto fomentar a produción de actividades interactivas de contido dixital como complementario dun proxecto audiovisual (fición, animación ou documentais de creación) desenvolto especificamente para as seguintes plataformas: Internet, PC, consola, dispositivo portátil e televisión interactiva.

Destinatarios

Sociedades europeas de produción audiovisual independentes. Os candidatos deberán estar establecidos nun dos 27 países da Unión Europea ou dos países do EEE, ademais de Suíza e Croacia.

Financiamento

O importe máximo da subvención concedida situarase entre 10.000 e 150.000 euros. A subvención concedida non poderá exceder en ningún caso do 50% dos custos elixibles presentados polo produtor (o 60 % para os proxectos individuais que demostren un interese na promoción da diversidade cultural europea).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible ascende a 2 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto prolongarase ata o 30 de xuño do 2013, no caso das solicitudes de apoio presentadas dentro do primeiro prazo, e ata o 30 de novembro do 2013 no caso das candidaturas presentadas dentro do segundo prazo, ou ben ata a data de entrada no proceso de producción do proxecto, independentemente de cal sexa o primeiro.

Data de publicación

29/09/2010

Data límite de solicitude

11/04/2011

Documentación

Contacto

Bruxelas

Agence Exécutive Éducation Audiovisuel et Culture (EACEA)
Unité Programme MEDIA - P8
Appel de propositions - EACEA/26/10
M. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
B-1140 Bruxelles

Comentarios

As candidaturas enviaránse á Axencia Executiva (EACEA) a través do formulario electrónico e deberá enviarse por correo a solicitude impresa non máis tarde do 29 de novembro do 2010 e o 11 de abril do 2011.

Para ser incluida no primeiro prazo, a solicitude de apoio deberá enviarse á Axencia entre a data de publicación da convocatoria de propostas e o 29 de novembro de 2010. Para ser incluida dentro do segundo prazo, a solicitude de apoio será enviada á Axencia entre o 30 de novembro de 2010 e o 11 de abril de 2011, data de peche da convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante