Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EACEA/20/10 Apoio á difusión televisiva de obras audiovisuais europeas

Programa

MEDIA 2007

Obxectivo xeral

Apoio á difusión televisiva de obras audiovisuais europeas dentro do Programa Media 2007

Obxectivo específico da convocatoria

Promover á difusión transnacional das obras audiovisuais europeas producidas por empresas de produción independentes, alentando a cooperación entre os difusores, por unha banda, e ós productores e distribuidores independentes, pola outra.

Eidos de actuación

Este financiamento ten por obxecto fomentar a produción televisiva europea independente (ficción, animación ou documentais creativos) na que participen alomenos tres empresas de radiodifusión de varios Estados membros da Unión Europea ou de países engadidos dentro do programa MEDIA 2007

Destinatarios

Sociedades europeas de produción audiovisual independentes. Os candidatos deberán estar establecidos nun dos 27 países da Unión Europea ou dos países do EEE, engadindo Suiza e Croacia.

Financiamento

O importe máximo da subvención concedida será de 500.000 euros por obra para os proxectos de ficción e animacións e de 300.000 euros por obra para os proxectos de documentais. A subvención concedida no poderá exceder do 12,5% dos custos elixibles que presente o productor para un filme de ficción ou de animación, nin do 20% dos custos elixibles do presuposto de produción no caso de documentais.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible ascende a 10,4 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 30 o de 42 meses no caso de series e proxectos de animación.

Data de publicación

15/09/2010

Data límite de solicitude

15/11/2010

Documentación

Contacto

España

Mr. Jesùs Hernàndez
Cidade da Imaxe
r/ Luis Buñuel, 2-2°A
E - 28223 Pozuelo de Alarcon MADRID
Tel.: 34 91 512 01 78
Fax: 34 91 512 02 29

Bruxelas

Agence Exécutive Éducation Audiovisuel et Culture (EACEA)
Unité Programme MEDIA - P8
Appel de propositions - EACEA/18/08
M. Constantin DASKALAKIS
BOUR 03/30
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelles

Comentarios

Existen dous prazos máis de data límite de recepción de solicitudes: 28/02/2011 e 20/06/2011

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante