Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

MEDIA Mundus.- Convocatoria de Propostas de 2012

Programa

MEDIA MUNDUS

Obxectivo xeral

Aumentar a competitividade da industria audiovisual europea, permitir que Europa desempeñe o seu papel cultural e político no mundo de forma máis eficaz e aumentar as posibi­lidades de elección dos consumidores e a diversidade cultural, así como mellorar o acceso aos
mercados de terceiros países e a crear confianza e relacións de traballo duradeiras.
Este Programa apoia os proxectos de cooperación entre profesionais europeos e profesio­nais de terceiros países, en beneficio mutuo do sector audiovisual europeo e do dos terceiros países.

Eidos de actuación

Acción 1 — Apoio á formación: con esta acción preténdese reforzar as cualificacións dos profesionais europeos e de terceiros países.
Acción 2 — Apoio ao acceso ao mercado: mediante esta acción apoianse os proxectos para promover o acceso das obras audiovisuais aos mercados internacionais.
Acción 3 — Apoio á distribución e a circulación: con esta acción preténdese fomentar a distribución, promoción, proxección e difusión de obras europeas en mercados de terceiros países e de obras audiovisuais de terceiros países en Europa en condicións óptimas.
Acción 4 — Actividades transversais: con esta acción preténdese apoiar proxectos de tipo transversal, é dicir, que se refiren a varias prioridades deste programa, por exemplo, accións de formación cos conseguintes actos de procura de socios (pitching) en reunións de coproducción.

Destinatarios

Os Proxectos deberán ser propostos e executados conxuntamente por profesionais europeos e profesionales de terceiros países.

Socios

Agás no suposto de proxectos presentados con arreglo á acción 1, opción 1, cada proxecto deberá ser dirixido e executado por un grupo que reúna tres criterios:
1) o grupo deberá ter un mínimo de tres socios (incluido o coordinador). Non obstante, poderán admitirse proxectos con so dous socios cando se garantice a necesaria creación de redes. Esta
quedará garantida se o coordinador do proxecto é unha rede europea de profesionais/empresas do sector audiovisual que reúna a máis de dez Estados membros europeos;
2) o coordinador do grupo deberá ter o seu domicilio social nun Estado membro da Unión ou en Islandia, Liechtenstein ou Noruega;
3) o grupo debe incluir polo menos a un cobeneficiario vinculado co sector audiovisual que teñaa o seu domicilio social nun Estado non membro da UE (distinto de Croacia e Suiza).

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá exceder do 50 %, o 60 % ou o 70 % do total dos custes subvencionables, en función da natureza da actividade. A contribución financiera concederase en forma de subvención.

Orzamento total da convocatoria

5.042 .215 EUR

Duración do proxecto

Os proxectos deben comezar entre o 1 de febreiro de 2012 e o 31 de
decembro de 2012, e deberán concluir o 31 de marzo de 2013 a máis tardar. Os cUstes de preparación dos proxectos serán subvencionables a partir do 1 de xaneiro de 2012, e en ningún
caso antes de dita data.

Data de publicación

16/06/2011

Data límite de solicitude

23/09/2011

Documentación

Contacto

Sra. Aviva Silver
Comisión Europea
Dirección General de Educación y Cultura
Dirección D — Cultura y Medios de Comunicación
Unidad D3 — Programa MEDIA y Alfabetización Mediática
Despacho MADO 18/68
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante