Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

MEDIA Mundus — Convocatoria de propostas de 2011.
Proxectos de cooperación audiovisuais entre profesionais europeos y profesionais de terceiros países

Programa

MEDIA MUNDUS

Obxectivo xeral

Os obxectivos do programa son aumentar a competitividade da industria audiovisual europea, permitir que Europa desempeñe o seu papel cultural e político no mundo de forma máis eficaz e aumentar as posibilidades de elección dos consumidores e a diversidade cultural. O programa aspira a mellorar o acceso aos mercados de terceiros países e a crear confianza e relacións de traballo duradeiras.
O programa MEDIA Mundus apoia os proxectos de cooperación entre profesionais europeos e profesionais de terceiros países, en beneficio mutuo do sector audiovisual europeo e do dos terceiros países.

Eidos de actuación

Acción 1—Apoio á formación: con esta acción preténdese reforzar as cualificacións dos profesionais europeos e de terceiros países.
• A opción 1 apoia a inclusión de estudantes/profesionais e profesores de países non membros da UE en plans de formación inicial ou continua apoiados polo programa MEDIA 2007;
• A opción 2 apoia a creación dun plan de formación permanente específico para MEDIA Mundus.

Acción 2—Apoio ao acceso ao mercado: mediante esta acción apóianse os proxectos para promover o acceso das obras audiovisuais aos mercados internacionais. Estes proxectos refírense ás fases de desenvolvemento e/ou preprodución (por exemplo, mercados internacionais de coprodución) e actividades posteriores (actos para facilitar as vendas internacionais das obras).

Acción 3—Apoio á distribución e a circulación: con esta acción preténdese fomentar a distribución, promoción, proxección e difusión de obras europeas en mercados de terceiros países e de obras audiovisuais de terceiros países en Europa en condicións óptimas.

Acción 4—Actividades transversais: con esta acción preténdese apoiar proxectos de tipo transversal, é dicir, que se refiren a varias prioridades deste programa, por exemplo, accións de formación cos consecuentes actos de procura de socios (pitching) en reunións de coprodución.

Socios

Os proxectos que se financiarán con cargo a MEDIA Mundus deberán:
-ser propostos e executados conxuntamente por profesionais europeos e profesionais de terceiros países;
-o grupo deberá ter un mínimo de tres socios (incluído o coordinador). No entanto, poderán admitirse proxectos con só dous socios cando se garanta a necesaria creación de redes.

Financiamento

A axuda financeira da Comisión non poderá exceder do 50%, o 60% ou o 70% do total dos custos subvencionables, en función da natureza da actividade.

Orzamento total da convocatoria

O importe máximo dispoñible para a presente convocatoria de propostas ascende a 4 939 835 EUR.

Duración do proxecto

A presente convocatoria abarca proxectos que dean comezo entre o 1 de febreiro de 2011 e o 31 de decembro de 2011; os proxectos deberán haberse concluído o 31 de marzo de 2012 como moi tarde. Os custos de preparación dos proxectos serán subvencionables a partir do 1 de xaneiro de 2011, e en ningún caso antes desa data.

Data de publicación

21/07/2010

Data límite de solicitude

15/10/2010

Documentación

Contacto

Sra. Aviva Silver
Comisión Europea
Dirección-Xeral de Educación e Cultura
Dirección D — Cultura e Medios de Comunicación
Unidade D3 — Programa MEDIA e Alfabetización Mediática
Despacho MADO 18/68
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIËES

Puntos nacionais de contacto en España:

MEDIA Desk España
www.mediadeskspain.eu
Sr. Jesùs Hernàndez
Ciudad de la Imagen
c/ Luis Buñuel, 2-2°A
E - 28223 Pozuelo de Alarcon MADRID
Tel.: 34 91 512 01 78
Fax: 34 91 512 02 29

MEDIA Antenne Barcelona
www.antenamediacat.eu
Sr. Alex Navarro
MEDIA Antenne Barcelona
Mestre Nicolau 23
E-08021 Barcelona
Tel. (34-9) 3 552 49 49
Fax (34-9) 3 552 49 53

MEDIA Antenne San Sebastián
www.mediaeusk.eu
Sra. Verónica Sánchez
MEDIA Antenne San Sebastián
Ramon Maria Lili 7, 1°B
E-20002 San Sebastián
Tel. (34-94) 332 68 37
Fax (34-94) 327 54 15


MEDIA Antenne Sevilla
www.antenamediaandalucia.eu
MEDIA Antenne Seville
C/ Levíes, 17
E-41004 Sevilla
Tel. (34-95) 503 67 20
Fax (34-95) 503 66 90

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante