Parque Nacional de O Invernadeiro. OurenseGalicia é unha rexión situada no noroeste de España, cunha paisaxe dominada polo verde intenso das súas montañas e o azul do seu mar omnipresente. A súa variada costa esténdese ao longo de preto de 1,498 Km e comprende unha combinación única de mar aberto eun dos seus elementos máis característicos: as rías, ricos vales inundados polo mar.

Galicia é sempre sorprendente, xa que esta parte Do noroeste español ofrece un forte contraste coa imaxe típica que posúe a paisaxe española no estranxeiro. Galicia pertence á Europa verde do Atlántico, coa peculiaridade de que as Rías Baixas constitúen a parte máis soleada das costas do norte da Península Ibérica. Algunhas das máis fermosas e salvaxes praias de España atópanse en Galicia.

As chairas son escasas nesta paisaxe chea de outeiros, pero as exhuberantes campiñas e montañas forman atractivas vistas e parques naturais. Algúns dos seus montes alcanzan máis de dous mil metros, como os macizos dos Ancares, Courel, Manzaneda e Pena Trevinca.


Descubra o turismo galego na páxina web turgalicia.es


Lingua

Galicia é unha rexión bilíngüe na que o español e o galego conviven harmoniosamente como linguas cooficiais. Na actualidade, o 90% da poboación de Galicia fala esta lingua. O galego é unha lingua romance cuxos primeiros textos escritos datan do século XII. Como resultado do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, onde o bilingüismo é recoñecido de forma completa, O galego comezou a avanzar rapidamente cara a unha total normalización.


Poboación

A poboación de Galicia alcanza case os tres millóns de habitantes, cunha densidade preto dos 100 habitantes por kilómetro cadrado, moito maior que a media en España. Galicia Posúe sete grades cidades: as catro capitais de provincia (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), Vigo, Santiago de Compostela (a capital) e Ferrol. Coincidindo coas diferencias no entorno xeográfico, hai un grande contraste demográfico entre as aglomeracións urbanas na costa, onde concéntrase a maior parte da poboación, e o interior da rexión.

Por outra banda, Galicia defínese tradicionalmente como un pobo de emigrantes. Entre 1860 e 1970 máis dun millón de galegos emigraron a América, Europa e outras zonas de España. Hoxe en día, a tendencia investiuse claramente, con máis de 5.000 emigrantes que retornan cada ano.


O Camiño de Santiago

Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela2010 é o Ano Santo Xacobeo, o ano do Xubileo de Compostela, que celébrase dende a Idade Media. O Camiño de Santiago comeza dende diferentes puntos de Europa ata finalizar en Santiago de Compostela, a capital de Galicia, o Finisterre romano. A capital galega é coñecida en todo o mundo por ser un dos centros de pregrinación máis importantes da Cristiandade. En 1985, a UNESCO declarou Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade pola súa grande riqueza cultural e arquitectónica.

Aínda que o Camiño tivo un significado esencialmente relixioso nas súas orixes, o Camiño de Santiago convertiuse hoxe en día nunha ruta que atrae a moi diferentes persoas e culturas, grazas aos seus elementos culturais e paisaxísticos. Esta particularidade levou ao Consello de Europa a declarar o Camiño o Primeiro Itinerario Europeo, convertindo esta antiga ruta nunha referencia da arte e da espiritualidade.

Existen varias rutas para a pregrinación a Santiago, pero o Camiño non é un obxectivo en sí mesmo, senón o medio para chegar á meta: a tumba do Apóstolo Santiago.


Descubra o Camiño de Santiago e o Ano Santo Xacobeo 2010 na súa web oficial


Economía

A tendencia econômica dos derradeiros anos amosa que Galicia atópase nun proceso de converxencia cos níveis europeos. A taxa de crecemento acumulativo interanual do PIB no período 1997-2005 chegou ao 3,4%,un punto máis que a media en España, e moito máis elevada que a media europea.

O desenvolvemento da sociedade galega, as súas actividades e a paisaxe urbana teñen levado a cabo unha notable transformación nas derradeiras décadas. Partindo dunha imaxe fortemente estereotipada dunha Galicia rural e anticuada, a rexión evolucionou ata transformarse nunha zona dinámica, desenvolvida, onde o sector dos servizos supón o 60% do emprego.

A construción naval, a extración e procesamento de minerais non metálicos e a industria do automóbil son algúns dos sectores máis consolidados en Galicia. Tamén é unha rexión líder en agricultura, gracias á modernización dos métodos de cultivo, e tamén en pesca e acuicultura, impulsada pola presenza de vários centros de investigación. Na silvicultura e no sector da madeira Galicia é unha rexión especialmente competitiva nos mercados internacionais, debido ás súas materias primas (preto do 69% do territorio galego está cuberto de bosque). O xurdimento do turismo e do sector textil traen outras posibilidades á economía galega, sen comprometer a conservación dos recursos naturais e a cultura local.


Transporte

Porto deportivo de Vilagarcía de ArousaNos últimos anos Galicia ten experimentado un grande impulso das comunicacións por estrada e vía férrea, o que permitiu que o desprazamento a Galicia dende calquera punto de España e Europa fose máis doado e agradable. Esta rede compleméntase con 127 portos distribuídos ao longo da costa.

Os tres aeroportos internacionais de Lavacolla (Santiago), Peinador (Vigo) e Alvedro (A Coruña) conectan rapidamente ao viaxeiro co seu destino. Aqueles que non só queren chegar, senón tamén disfrutar do camiño, poden escoller unha das diferentes estrada nacionais: a N-VI dende Madrid ata A Coruña; a N-525 de Zamora a Vigo vía Ourense, a N-634 que chega ata Ribadeo dende Asturias. Saíndo de Portugal, a N-13 parte desde Lisboa e Porto e chega a Galicia pasando por Tui, onde fúndese coa autoestrada que comunica A Coruña con Vigo.

Ademais das autoestradas e outras estradas principais, Galicia posúe unha densa rede de estradas secundarias. O deseño e superficie destas vías mellorouse recentemente para permitir aos viaxeiros acadar cada esquina de Galicia, disfrutando asemade o camiño. Tamén tense feito un esforzo para proporcionar áreas de descanso na meirande parte das rutas turísticas.

Medios de transporte tradicionais, como o tren e o autobús, chegan desde diferentes partes de España. O tren conecta as capitais de provincia coas principais cidades, e os autobuses públicos chegan ata cada pequena vila.


Máis información


Páxina oficial da Xunta de Galicia


Universidades en Galicia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web