O Currículum Vitae europeo (Europass) ten a súa orixe na Decisión nº 2241/2004/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 15 de decembro de 2004, relativa a un marco comunitario único para a transparencia das cualificacións e competencias.
CV Europass compleméntase principalmente co Pasaporte de Linguas Europass, formulario que permite unha clara presentación e descripción dos coñecementos lingüísticos do interesado.
Ámbolos dous documentos son de libre e fácil acceso a través da Internet, encontrándose dispoñibles en varios idiomas.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web