Memoria Anual

Portada » Fundación » Memoria anual

2020, o ano da pandemia, foi un ano cheo de moreas de cambios a todos os niveis. Para a Unión Europea supuxo, ademais, unha verdadeira proba de fogo que demostrou como a construción europea avanza nos momentos de maior crise. Malia as súas limitadas competencias en materia sanitaria, puxo todos os medios ao seu alcance para coordinar as respostas nacionais e loitar contra a expansión do virus por Europa tratando ao mesmo tempo de preservar o liberdade de circulación de persoas, mercancías e servizos.

Na FGE centramos os nosos esforzos en analizar e explicar en Galicia o papel da UE nesta crise, especialmente na resposta económica que comezou a fraguarse en 2020 e que hoxe estamos xa moi preto de vela materializada. Co obxectivo de entender o alcance do novo instrumento temporal de Recuperación Next Generation EU aprobado polos lideres europeos no mes de xullo, organizamos cinco encontros en outono entre o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e diversos altos cargos das institucións comunitarias. Nun plano máis técnico, organizamos tamén 14 encontros virtuais entre a Comisión Europea e a Xunta de Galicia para explicar as políticas europeas que guían esta recuperación. Estas reunións, sumadas á análise da FGE, contribuíron a que a Xunta estivese mellor preparada para poñer en marcha Next Generation Galicia, a canle pola que a Comunidade quere optar aos fondos europeos de recuperación e aproveitar así a oportunidade que supoñen para a transformación económica e social.

Por outro lado, 2020 foi, tamén, o principio da dixitalización da FGE. Co pulo dado pola pandemia, aumentamos a nosa participación nas redes sociais, comezamos a deseñar un novo portal web e puxemos en marcha un novo boletín dixital informativo. Con este uso reforzado dos medios dixitais, aumentamos, por un lado, a nosa visibilidade, e, por outro, chegamos a máis xente coa nosa información europea.

Consecuencia desta dixitalización é que por primeira vez abandonamos a Memoria de Actividades en papel e agora presentámola nun formato dixital que mellora a súa difusión e consulta en liña. Presentámola dous formatos:

Memorias pasadas