Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

O ano 2018 foi especial para a Fundación Galicia Europa xa que a entidade celebrou o seu 30º aniversario de actividade como ente do sector público galego, un ente creado para defender os intereses de Galicia perante ás institucións da Unión Europea e para informar e sensibilizar sobre o proxecto de construción europea na nosa comunidade. 

Para cumprir estes compromisos, a FGE organizou durante o ano pasado 17 visitas oficiais á capital comunitaria -seis de membros do Consello da Xunta-, promoveu a participación galega en 10 foros de debate en Bruxelas e facilitou a asistencia dos representantes galegos a 23 actos do Comité Europeo das Rexións (CdR). Entre os asuntos tratados nestes foros, destacan fundamentalmente, os debates sobre o futuro da política de cohesión e da política agrícola común (PAC), o papel de Galicia na Rede Transeuropea de Transporte, a aplicación da política pesqueira común (PPC) e as posibles consecuencias do Brexit.

No marco do seu obxectivo fundacional de informar sobre a UE en Galicia, a FGE publicou un total de 140 noticias no seu portal web, medio dixital que aumentou o seu número de usuarios nun terzo neste último ano. A Fundación Galicia Europa fixo principal fincapé na información e concienciación sobre a posible saída de Reino Unido da UE coa posta en marcha do Foro Galego do Brexit, no seo do cal se celebraron tres actos. Ademais, a entidade lanzou un novo sitio web para seguir recollendo e dar máis visibilidade a toda a información sobre a posible retirada de Reino Unido da UE analizada desde unha perspectiva galega (brexitgalicia.eu).

No apartado de formación, ademais dos seis bolseiros que fixeron prácticas nas súas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas, a FGE organizou dúas novas edicións do seu programa de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa” nas que participaron 40 técnicos do sector público e do terceiro sector galegos, e impartiu dous cursos no marco dos proxectos LIDERA e Eurocidade Chaves-Verín a fin de formar a axentes de cooperación transfronteriza e para capacitar aos desempregados co obxectivo de sacar maior proveito dos investimentos europeos.

Así mesmo, e como apoio á participación galega en proxectos europeos, a FGE publicou no seu sitio web 45 resumos de convocatorias e 18 procuras de socios, e acolleu na súa oficina de Bruxelas cinco reunións de proxectos con participación galega en ámbitos diferentes como a saúde, a formación, a dixitalización e a eficiencia enerxética.

Pode consultar a memoria deste ano aquí.

Descargue a Memoria 2018

MEMORIAS ANTERIORES

Memoria 2017

Memoria 2016

Memoria 2015

Memoria 2014

Memoria 2013

Memoria 2012

Memoria 2011

Memoria 2010

Memoria 2009

Memoria 2008

Memoria 2007

Memoria 2006

Memoria 2005

Memoria 2004

INFORMES MENSUAIS DE ACTUACIÓN 2012-2016

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante