Prácticas nas institucións da Unión Europea
Se tes menos de 30 anos, falas polo menos unha lingua oficial da Unión Europea distinta da materna, e tanto se xa estás licenciado coma se aínda estás estudando, poderás disfrutar dunha experiencia profesional e persoal moi interesante.
Os mozos europeos poden realizar períodos de prácticas nas institucións comunitarias, ben nas súas sedes de Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo, ou nas axencias europeas nos Estados membros.
As institucións comunitarias retribúen economicamente aos bolseiros durante todo o período das prácticas. Non obstante, tamén existen períodos de prácticas non remunerados. Neste último caso, estas bolsas poderían ser financiadas por outras organizacións. A Fundación Galicia Europa concede anualmente varias destas bolsas.
Existen diversas maneiras de entrar a traballar nas institucións comunitarias: de maneira directa, como funcionario europeo, ou ben como persoal externo (axente contractual). Tamén existe a posiblidade de que funcionarios nacionais coñezan de preto o funcionamiento da UE mediante estadías nas institucións.
O Currículum Vitae europeo (Europass) é un documento que axuda aos cidadáns europeos a presentar as súas capacidades e cualificacións persoais dunha maneira sistemática, sinxela e facilmente comprensible en toda Europa.
Para máis información, podes descargar aquí a nosa GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web