A Unión Europea dispón de liñas orzamentarias que apoian financeiramente os ámbitos onde actúa: investigación, saúde, protección ambiental, etc.

Estas liñas son accesibles mediante a presentación de propostas de proxectos, nas que se esixen determinados requisitos como que conten cun enfoque innovador ou que se prevexa a difusión dos resultados do proxecto, de xeito que outras organizacións poidan beneficiarse destas experiencias a nivel europeo.

En moitas convocatorias esíxese, ademais, a colaboración con outros socios europeos de cara a aumentar o intercambio de boas prácticas e reforzar o carácter trasnacional dos proxectos.

Neste apartado pode consultar máis información sobre as liñas de financiamento comunitario máis importantes para Galicia:

  • Fondos estruturais: dos que Galicia foi beneficiaria cunha dotación de 5.500 millóns de euros para o período 2007-2013 e que se xestionan dende a Xunta de Galicia.
  • 7º Programa Marco de I+D: o programa europeo coa maior dotación presupuestaria no período 2007-2013, de acordo cos obxectivos de desenvolvemento económico da UE, baseados no coñecemento e na innovación.
  • Financiamento no eido do medio ambiente

Apoio é participación das entidades galegas en proxectos europeos

A FGE comprométese nos seus obxectivos coa promoción da participación galega en proxectos europeos. A través das súas dúas oficinas, a Fundación Galicia Europa anima a participación de entidades galegas nestes proxectos, prestando o seguinte apoio:

  • Asesoramento na presentación de propostas
  • Axuda na procuras de socios
  • Difusión dos resultados do proxecto
  • Posta a disposición das instalacións da oficina de Bruxelas para o encontro cos socios e a organización de actos de difusión dos proxectos.

Dentro da páxina web da Fundación Galicia Europa, é posible atopar os seguintes servizos de información e participación en proxectos europeos:


A Fundación Galicia Europa dispón así mesmo de dúas guías explicativas:

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web