Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
248F_1596809121_Next_Generation_EU.png Ver máis...

O pasado 27 de maio, a Comisión Europea presentaba o seu Plan de Recuperación para Europa, baseado en dous elementos:
  • Un Marco Financeiro Plurianual (MFP) reforzado para 2021-2027. 
  • Un novo Instrumento temporal de recuperación, Next Generation EU, integrado no orzamento a longo prazo da UE (MFP). O seu obxectivo é impulsar o orzamento da UE con novo financiamento obtido nos mercados financeiros para o período 2021-2024. 
Os líderes europeos, na reunión extraordinaria do Consello Europeo levada a cabo entre os días 17 e 21 de xullo de 2020, acordaron que o MFP 2021-2027 conte cun orzamento de 1,0743 billóns de euros. Xunto coas medidas extraordinarias de recuperación de Next Generation EU, con 750 mil millóns de euros, elevarase a capacidade financeira total do orzamento da UE a 1,8243 billóns de euros.   

Se a isto se lle suman as tres redes de seguridade referendadas polo Consello Europeo o 23 de abril, dirixidas a protexer a traballadores [Instrumento temporal de apoio (SURE)], empresas (Fondo de garantía do BEI) e Estados membros (Liña de crédito do MEDE) e que ascenden a un total de 540 mil millóns de euros, as medidas excepcionais adoptadas a nivel da UE superarían os 2,3743 millóns de euros. 


Marco Financeiro Plurianual 2021-2027


Abarcará sete anos, de 2021 a 2027, e terá unha contía de 1, 0743 billóns de euros. Co reforzo de Next Generation EU, tamén servirá como instrumento principal para a aplicación do paquete de recuperación en resposta ás consecuencias socioeconómicas da pandemia de COVID-19.  

Ademais, serán 5 000 millóns os dispoñibles para a nova reserva de axuste ó Brexit, que se creará coa finalidade de contrarrestar os danos derivados da saída do Reino Unido nos Estados membros e nos sectores máis gravemente afectados.  


Next Generation EU


A) Orzamento


Presentará unha capacidade de 750 mil millóns de euros. O financiamento será posible mediante a Decisión sobre o sistema de recursos propios, que permitirá de maneira excepcional que a Comisión Europea tome prestados nos mercados financeiros ata 750 mil millóns de euros en nome da UE para destinalos á recuperación da crise durante o período 2021-2024.  

Posteriormente, mediante 390 mil millóns de euros en subvencións e 360 mil millóns de euros en préstamos, e en sintonía coas prioridades da UE, dirixiranse os fondos ás novas necesidades específicas de financiamento derivadas da crise sanitaria. O reembolso deste financiamento terase que producir antes de que finalice 2058. 

A maior parte do financiamento recadado por Next Generation EU (preto do 90%) será empregado, mediante o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, para apoiar o investimento e as reformas nos Estados membros, alí onde as necesidades derivadas do impacto da crise sexan maiores. O Mecanismo contará  cun orzamento de 672 500 millóns de euros, dos cales 360 000 millóns euros correspóndense con préstamos e 312 500 millóns euros con subvencións. 

B) Estrutura


Os cartos recaudados por Next Generation EU dividirase en tres piares:

C) Eixos políticos da recuperación


A UE seguirá comprometida coa realización de iniciativas xa importantes con anterioridade á crise, e que agora considera fundamentais para relanzar a economía europea, como son a transición ecolóxica e dixital. Deste xeito, todos os cartos recadados mediante Next Generation EU canalizaranse a través dos programas da UE para: 

O Pacto Verde como estratexia de recuperación da UE
  • Renovación de edificios : O obxectivo será, como mínimo, duplicar a taxa de renovación anual. A prioridade serán os edificios do sector público, especialmente hospitais e colexios, así como a vivenda social. En canto a edificios privados, apoiarase a concesión de hipotecas verdes.
  • Enerxías renovables : A Comisión pretende desbloquear o investimento en tecnoloxías limpas, especialmente mediante financiamento adicional para Horizonte Europa. O novo Mecanismo Estratéxico de Investimentos investirá en tecnoloxías clave, como as renovables ou o almacenamento de enerxía.
  • Mobilidade limpa : o obxectivo é acelerar a produción e o despregamento de vehículos limpos, así como combustibles alternativos. Tamén se pretende duplicar o investimento da UE (por exemplo, a través da CEF ou InvestEU) en infraestruturas de carga de vehículos eléctricos, co obxectivo de chegar a un millón de estacións de carga públicas en 2025.

Fortalecemento do mercado único e adaptación á era dixital
  • Maior investimento en conectividade , especialmente no despregamento de redes 5G.
  • Unha presenza industrial e tecnolóxica máis forte en sectores estratéxicos, incluída a intelixencia artificial ou a ciberseguridade.

Unha recuperación xusta e integradora 
  • A medida que Europa se mergulle na recuperación cara unha economía máis verde e dixital, a necesidade de mellorar e adaptar as capacidades e os coñecementos terá cada vez máis importancia. Por iso, a Comisión Europea vén de lanzar unha Axenda de Capacidades para Europa e un Plan de Acción de Educación Dixital. 
  • Preténdense empregar no futuro  instrumentos similares a SURE, que aportará 100 mil millóns de euros para axudar a traballadores e empresas. 

Construción dunha Unión máis resiliente 
  • Unha nova estratexia farmacéutica garantirá a autonomía estratéxica da UE, abordando as debilidades que quedaron ó descuberto durante a crise, como a capacidade de produción de medicamentos en Europa. 
  • Levarase a cabo un exame da política comercial da UE para garantir o fluxo continuo de bens e servizos. Preténdese reforzar, ademais, o control dos investimentos estranxeiros directos, polo que a Comisión Europea vén de presentar un Libro Branco sobre un instrumento de subvencións estranxeiras. 


Financiamento do novo plan  


Para facilitar o reembolso do financiamento obtido mediante Next Generation EU, os xefes de Estado e de Goberno acordaron instaurar novos recursos propios. Nunha primeira etapa, instaurarase un novo recurso propio baseado nos residuos plásticos non reciclados, que se aplicará a partir do 1 de xaneiro de 2021.  

No primeiro semestre de 2021, a Comisión Europea presentará propostas relativas a un mecanismo de axuste en fronteira das emisións de carbono e a un imposto dixital, que servirán de base para recursos propios adicionais, con vistas á súa instauración a máis tardar o 1 de xaneiro de 2023.   

Na mesma liña, a Comisión presentará unha proposta de revisión do réxime de comercio de dereitos de emisión (ETS), que podería facerse extensivo ó transporte aéreo e marítimo.  

Por último, no transcurso do próximo MFP, traballarase para instaurar outros recursos propios, entre os que podería atoparse un imposto sobre as transaccións financeiras.  

Os ingresos xerados polos novos recursos propios empregaranse para o reembolso anticipado dos empréstitos contraídos no marco de Next Generation EU



Última actualización: 7 de agosto de 2020

Imaxes relacionadas

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante