Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
EuroXuventude_escoita_descobre_comparte.png Ver máis...
Benvido a #EUROXuventude, a túa plataforma virtual na que podes atopar información actualizada sobre as oportunidades que ofrece a UE para a mocidade. Neste portal manterémosche ao día dos últimos programas, eventos e actividades propostas tanto polos organismos europeos como por outras institucións que traballan coa xuventude na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Que podes atopar na sección de novas #EUROXuventude?
Estamos especialmente atentos a aquelas oportunidades de formación, prácticas e emprego no marco da UE segundo podes consultar na nosa Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais.

Por outra banda, facémonos eco das novas máis importantes do ámbito europeo para a xuventude como concursos, aportunidades de mobilidade dentro de Erasmus+ ou posibilidades de participación na elaboración de políticas públicas.

Programa Erasmus+
Erasmus+ é o programa da UE dirixido á educación, formación, xuventude e deporte. Ten como obxectivo promover a mellora do nivel de competencias da mocidade ao tempo que promociona a participación, o diálogo intercultural e a integración social na UE. Por este motivo, en #EUROXuventude atoparás información relacionada coas diferentes liñas de acción deste programa:
- Mobilidade de persoas por motivos de aprendizaxe.
- Mobilidade de mozos para aprendizaxe non formal
- Intercambios xuvenís
- European Solidarity Corps
- Mobilidade de persoas que traballan como monitores ou en organizacións xuvenís.
- Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

Participación dos mozos na vida democrática
A Unión Europea conta coa opinión da xuventude de forma habitual para tomar o pulso as súas políticas. Para facilitar a túa participación neste tipo de eventos, estaredes informados dos "Diálogos coa xuventude", os "Cafés con Europa" e outras actividades que teñan coma obxectivo recadar as vosas opinións para mellorar o estado da UE e a súa relación coa cidadanía.

Que é #EUROXuventude?
O portal #EUROXuventude é un proxecto que nace da colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é dotar aos mozos galegos dunha ferramenta en liña que lles permita aproveitar con máis facilidade as posibilidades que ofrece a Unión Europea,  promovendo unha cidadanía activa e participativa no proceso de construcción europea.

En que outros proxectos estamos a traballar?
Unha das sinais de identidade da Fundación Galicia Europa desde a súa orixe é o fomento da participación, a formación e difusión da esfera europea entre a nosa mocidade. Ao longo destes anos de actividade a Fundación ten desenvolvido múltiples proxectos e accións dirixidas especialmente a este colectivo. 

Tras máis de trinta anos traballando no eido europeo a Fundación ten a honra de proseguir co seu programa de bolsas de traballo para a formación dos seus beneficiarios en materia de asuntos europeos, i+D+I ou comunicación, no que se teñen formado máis de 450 bolseiros. Estas bolsas son convocadas de forma anual tanto para a nosa oficina en Bruxelas como a de Santiago de Compostela, nas últimas convocatorias cunha duración de once meses.

O Catalizador de Oportunidades de Emprego e Empredemento Xove Transfronteirizo (LIDERA) é un proxecto que busca o desenvolvemento económico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través da mocidade. Para acadar este obxectivo organiza actividades formativas, de dinamización, de promoción do espírito emprendedor...

A Fundación tamén está implicada na Agrupación de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín. Esta comunidade de municipios transfronteirizos é unha ferramenta de integración dentro da Unión Europea, pero os seus primeiros beneficiarios son os cidadáns da contorna máis cercana á Eurocidade. A AECT Chaves-Verín promociona especialmente a cooperación xuvenil transfronteiriza, téndose convertido nun espazo de diálogo e participación para os veciños máis xoves a ambos lados da "raia".

Outro proxecto asinado pola Fundación Galicia Europa é a Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais. Este manual dixital configúrase como un compendio de bolsas de estudo, bolsas de traballo, prácticas, traballo e intercambios de aprendizaxe especialmente orientados á participación da xuventude en organismos internacionais, fundamentalmente na UE. Con esta Guía a Fundación pretende facilitar ó acceso a estas oportunidades aos cidadáns galegos, promovendo a particiapción e integración da nosa rexión en asuntos europeos e de fora da Unión.



Imaxes relacionadas

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante