Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin
Preguntas frecuentes TecEuropa2019:

Por que é diferente a oitava edición de  TecEuropa?
Esta nova entrega de TecEuropa deixa de ser un curso formativo sobre financiamento comunitario para centrarse en apoiar aos seleccionados para a súa asistencia á Semana Europea das Rexións e as Cidades ( EWRC 2019). Desde a Fundación Galicia Europa queremos que Galicia se benefície de todas as posibilidades que ofrece Bruxelas como capital comunitaria. É por iso que consideramos especialmente importante que as persoas que desenvolven proxectos europeos se familiaricen coas institucións, se beneficien dos coñecementos que se comparten nos diferentes actos programados durante esta semana e xeren redes de contactos que faciliten o seu traballo con outros actores europeos.

Que é a Semana Europea das Rexións e das Cidades ( EWRC2019)?
A EWRC é un evento de catro días que se celebra cada ano en Bruxelas, organizado polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea ( DGREGIO). Nela participan máis de 6.000 asistentes e 600 relatores nun programa que inclúe máis de 150 actos relacionados coas políticas rexionais e locais europeas.
Pode atopar toda a información sobre a  EWRC nesta ligazón en español.

Onde ten lugar a  EWRC 2019?
A maior parte de actos terá lugar no  Square –  Brussels  Convention Centre, un palacio de congresos situado en  Mont deas Arts, no centro de  Bruxelas. Outras localizacións, aínda por confirmar, poden ser o Comité Europeo das Rexións ( Rue  Belliard, 101) e nas oficinas de representación rexional en Bruxelas, situado no barrio europeo. É recomendable descargase a App da  EWRC para moverse por Bruxelas e acceder aos diferentes actos.

Podo presentarme se xa teño participado noutras edicións?
Debido ao novo enfoque desta edición, a convocatoria está aberta tanto a novos participantes como a beneficiarios de anteriores edicións. Durante o proceso de selección valorarase a experiencia persoal de cada participante na xestión e desenvolvemento de proxectos europeos coa intención de que todos os que asisten saquen o máximo proveito desta experiencia.

Teño que saber inglés para solicitar unha praza?
Así como noutras convocatorias o coñecemento da lingua inglesa non era determinante, nesta ocasión é moi recomendable. Isto débese a que a principal lingua de traballo dos máis de 150 actos previstos é o inglés, na maioría dos casos sen posibilidade de interpretación.

Cando se publicará a lista de seleccionados?
A  FGE prevé publicar a lista de adxudicatarios das 20 prazas de formación desta edición durante a primeira quincena de agosto. Recoméndase visitar o noso portal web e seguir as nosas redes sociais (Facebook, TwitterLinkedIn) para estar informado. 

A Fundación Galicia Europa encárgase de realizar as reservas para as estancias dos participantes?
Non. Cada asistente deberá realizar as reservas pertinentes para asegurar a súa presenza en Bruxelas desde o 7 ata o 11 de outubro. Desde a FGE recomendamos realizar as reservas hostaleiras canto antes (mesmo antes de saber se foi seleccionado sempre que se permita a cancelación gratuíta). A gran afluencia de visitantes durante a  EWRC provoca que os prezos se cheguen a duplicar e mesmo triplicar nos días máis próximos á data. 

A  FGE encárgase de realizar as reservas das viaxes para os participantes?
Non. Cada asistente debe ocuparse de realizar a reserva e compra dos voos ou calquera outro medio de transporte que sexa necesario para a súa asistencia. Como no caso dos hoteis, é recomendable realizalas canto antes unha vez publicada a lista de seleccionados, para evitar os altos prezos de última hora.

A  FGE encárgase de realizar as reservas para as sesións ás que queira asistir cada participante?
Non. Os beneficiarios deberán realizar as reservas para as sesións que sexan do seu interese. En canto ao programa da  EWRC 2019 farase público a principios de xullo (previsiblemente o día 8), a Fundación Galicia Europa fará difusión na súa páxina web para facilitar o acceso a todos os interesados.

Entón que ofrece a Fundación Galicia Europa durante esta edición de  TecEuropa?
Ademais do máximo de 700€ en que consiste a axuda por beneficiario, a Fundación Galicia Europa ofrecerá apoio a todos os participantes para que poidan sacar o máximo proveito á Semana Europea de Rexións e Cidades. O luns, 7 de outubro, haberá unha sesión de acollida e primeira toma de contacto cos participantes nos que estes presentarán a súa axenda e recibirán formación sobre as políticas europeas e sobre a  EWRC. O último día terá lugar unha sesión de peche na que se poñerán en común as experiencias dos asistentes.

Que obrigacións teño como asistente?
Planificar unha axenda dentro da  EWRC e informar dela á Fundación, asistir ás sesións elixidas, participar activamente nas reunións de benvida e peche da  FGE, redactar unha memoria final de aproveitamento da  EWRC.

Como debo xustificar os gastos?
Para ter dereito ao pagamento das axudas, ata un máximo de 700€, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa de acordo ao establecido no artigo 19. xustificación e pagamento, das bases reguladoras  da Orde do 10 de maio de 2019 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar actividades formativas dentro do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (código de procedemento PR816A).
Os gastos efectuados e pagados polo desprazamento e estadía en Bruxelas dentro do período de realización dos gastos deberán relacionarse utilizando o modelo 2 e achegando a documentación que corresponda da seguinte relación:
  1. Orixinais das tarxetas de embarque e factura orixinal do abono do billete de avión.
  2. Factura orixinal do abono do aloxamento.
  3. Xustificantes orixinais dos gastos de desprazamento. 
  4. Facturas ou xustificantes orixinais dos gastos de manutención.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante