Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

En 2014, a FGE desenvolveu o proxecto "Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento" grazas a unha subvención concedida pola Representación da Comisión Europea en España co obxectivo de difundir e explicar as políticas comunitarias en Galicia. O acto central deste proxecto consistiu na celebración dun seminario baixo o mesmo título no que participaron 300 profesores e orientadores de Formación Profesional de Galicia. 

Durante este acto, que tivo lugar en maio no Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago de Compostela, abordouse o marco europeo da FP a través de intervencións de expertos da Comisión Europea e representantes da administración, a empresa e o sistema educativo galego. Explicáronse, ademais, as iniciativas postas en marcha a nivel europeo, estatal e autonómico para favorecer o acceso ao mercado laboral dos titulados de FP a través da formación, o emprendemento e a mobilidade. Os programas europeos "Erasmus para novos emprendedores" ou o novo Erasmus+ foron algunhas das iniciativas expostas que se complementaron con exemplos de proxectos desenvolvidos en Galicia. 

Xunto con esta xornada central, e co obxectivo de facer chegar toda a información sobre estas iniciativas aos propios alumnos de FP, a FGE organizou no mes de novembro catro actos descentralizados en centros integrados de FP de Lugo, Vigo, Ourense e Coruña

Vídeo resumo do seminario celebrado o 14 de maio de 2014


As presentacións e documentación deste seminario pódense consultar aquí

Noticias relacionadas

22/11/2014 A Fundación Galicia Europa achega aos estudantes de Formación Profesional as iniciativas europeas de promoción do emprego xuvenil

24/10/2014 A FGE publica o resumo do acto central do proxecto “Dimensión Europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”

14/05/2014 A xornada sobre Formación Profesional organizada pola FGE reinvindica o papel da mesma como ferramenta para loitar contra o desemprego xuvenil

12/05/2014 A FGE retransmitirá en “streaming” a xornada formativa sobre a Formación Profesional en Europa

15/04/2014 A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada sobre a perspectiva comunitaria da Formación Profesional

11/12/2013 A Comisión Europea subvencionará un proxecto da Fundación Galicia Europa destinado aos titulados en Formación Profesional

Máis noticias sobre emprego xuvenil, emprendemento, formación e mobilidade  aquí


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante