Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Entre 2010 e 2013 a Fundación Galicia Europa participou no proxecto Eco-innova, liderado polo Concello de Ourense. Cofinanciado polo Programa de Cooperación Transnacional da UE “Espacio Atlántico” 2007-2013, este proxecto tiña por obxectivo a creación dunha estrutura transnacional para informar e promover a eco-innovación entre as pemes das rexións participantes. 

Xunto coa FGE e o Concello de Ourense, participaron neste proxecto: a axencia de desenvolvemento rexional ADRAT (Portugal); dúas incubadoras de empresas, ACIBTM (Portugal) e Bordeaux Productic (Francia); e a University of Glamorgan (Reino Unido).

O proxecto tiña unha duración inicial de 35 meses, entre 2010 e 2012, contando cun orzamento total de case 1,5 millóns de euros, dos que o 65% proviña do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Grazas a unha prórroga, o proxecto puido prolongarse ata mediados de 2013.

Máis información: Ficha do proxecto e descrición

Boletíns informativos do proxecto

Nº 1 - Novembro 2010

Nº 2 - Marzo 2011

Nº 3 - Maio 2011

Nº 4 - Setembro 2011

Nº 5 - Novembro 2011

          Nº 6 - Marzo 2012

          Nº 7 - Maio 2012

          Nº 8 - Outubro 2012

Noticias relacionadas

05/06/2013 A Fundación Galicia Europa presenta o proxecto ECO-INNOVA ante os empresarios galegos

10/05/2013 Ecoinnova celebra o seu Congreso internacional con representantes institucionais e empresas de España, Portugal, Francia e Reino Unido

23/04/2013 A Fundación Galicia Europa presentará a TOOLBOX DE SERVIZOS do proxecto ECO INNOVA en Lugo

10/04/2013 A Fundación Galicia Europa presentará o TOOLBOX DE SERVIZOS do proxecto ECO-INNOVA no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

15/04/2013 A Fundación Galicia Europa favorece a internacionalización das pemes no marco ambiental

27/11/2012  A Fundación Galicia Europa participa no 13º Foro Europeo da Eco-innovación da Comisión Europea

07/08/2012 Eco-innova en el Espacio Atlántico

07/05/2012 Galicia avanza en Eco-innovación

21/03/2012 Crear Ecosistemas Empresariales a través de la innovación

22/11/2011 A Fundación Galicia Europa participa no lanzamento dun proxecto europeo para facilitar a ecoinnovación das pemes

26/10/2011 O comité de seguimento do proxecto Eco-innova busca impulsar un novo modelo de desenvolvemento medioambiental

13/06/2011 A FGE e os seus socios aproban unha estratexia de impulso á ecoinnovación

25/05/2011 A Fundación Galicia Europa e os seus socios europeos abordan unha "estratexia común para a eco-innovación"

23/03/2011 A FGE e os seus socios europeos analizan fórmulas para trazar unha estratexia conxunta de desenvolvemento do proxecto Eco-innova

12/11/2010 A oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas reúne a expertos europeos no ámbito da eco-innovación

06/07/2010 Comeza a andaina do proxecto europeo Eco-innova

 

EMPRENDE

Entre 2011 e 2015 a Fundación Galicia Europa formou parte do proxecto “Mozos Emprendedores da Eurorrexión: EMPRENDE”, cofinanciado polo programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. O proxecto tiña como obxectivo fomentar o emprendemento e facilitar o acceso ao emprego da mocidade de Galicia e do Norte de Portugal. Liderado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, en EMPRENDE participaron como socios, ademais da FGE, o Instituto Português da Juventude, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal.

Cun orzamento de máis de 700.000 € (cofinanciado ao 75% polo FEDER), EMPRENDE desenvolveu diferentes actividades de asesoramento e cooperación empresarial, apoio ás iniciativas xuvenís emprendedoras e potenciación do talento dos mozos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 

Noticias relacionadas

23/06/2015 A Fundación Galicia Europa organiza unhas xornadas sobre Garantía Xuvenil ao abeiro do proxecto EMPRENDE

13/11/2014 Aberto o prazo de inscrición na xornada “Novo Período de Programación 2014-2020”, enmarcada dentro do proxecto Emprende

06/11/2014 Aberto o prazo de inscrición nas “II Xornadas da Xuventude Transfronteirizas”

06/10/2014 Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro ”A importancia do portafolio web como ferramenta de autopromoción”, organizado pola FGE

21/10/2013 O proxecto Emprende realiza o encontro Punto Verde

02/10/2013 O Proxecto Emprende realiza unha xornada de COACHING CREATIVO

05/06/2013 O Proxecto EMPRENDE celebrará o ”Foro Abrindo Fronteiras de Cambio” en Pontevedra

18/04/2013 A Fundación Galicia Europa participará no 2º Foro de Innovación Xuventude e Emprendemento

18/04/2013 O proxecto Emprende elabora unha ferramenta para facilitar á mocidade da Eurorrexión toda a información para crear unha empresa

19/10/2012 Aberto o prazo de inscrición para participar no IV Afterwok Emprega Talento que se celebrará o próximo 30 de outubro na Coruña

06/08/2012 La Fundación Galicia Europa apuesta por el emprendedurismo

24/07/2012 O proxecto “Emprende” fomenta a innovación e o emprendemento no espazo transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal

27/06/2012 O “Gabinete de Iniciativas Xuvenís Emprendedoras Transfronteirizas” nace co obxectivo de apoiar a creación de empresas na Eurorrexión

20/06/2012 A Fundación Galicia Europa participará na terceira edición de Emprega Talento en Vigo

23/03/2012 A Fundación Galicia Europa participa no Programa Conecta destinado a fomentar actitudes creativas e emprendedoras entre a xuventude

20/02/2012 O proxecto “Emprende” fomenta a innovación e o emprendemento no espazo transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal

10/02/2012 A FGE participa no II Programa de Emplea Talento que promove o achegamento dos mozos ao mundo directivo

26/10/2011 A Fundación Galicia Europa participa na organización do V Encontro Asociativo Xuvenil EMAX, 1º Foro Emprende, en Vilagarcía

29/04/2011 A xornada experimental Emprega Talento orientará laboralmente aos mozos galegos a través do contacto con representantes de empresas

29/04/2011 Preséntase o novo proxecto EMPRENDE de fomento do emprego xuvenil na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante